GMH/ÍNDICE A-Z

H39
1435, (decembro, 22)
Xoán de Ortega afora a cinco voces a Xoán Fernández, clérigo reitor de Santa Baia de Parderrubias, dúas casas con curral, xuntamente con dúas piteiras e unha leira de viña e outra leira de viña erma, en Sobrado, coa condición de erguer unha casa con sobrado [o documento fica incompleto]. (fol. 15-15v)

(Poder de Afonso da Lagoa)*

Non foy outorgada.
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense, dou et outorgo, aforo a vos Joan Fernandes, clerigo reytor da iglesia de Santa Baya de Parde(de)*rrubyas et a çinqo voses apus /voso\ finamento, asy que vos en vosa vyda ou a tenpo de voso finamento nomeedes a primeira voz etç., conben a saber que vos aforo duas casas con seu curral que estan a par da iglesia de Santa Maria de Sobrado et con (hun p)* con dous pyteyros de viña que en termino da dita aldea onde chaman as Donegas, as (quaes)* ditas casas parten con casas de Afonso Maniveiro et da outra parte con (a cortina)* o camiño publico que vay para Forno Telleyro e de tras fere en cortina do dito Afonso Man(i)veiro et ten as portas enno adreo da dita iglesia, et os ditos piteiros parten con viña de Afonso Maniveiro et enbaixo enna congostra que vay para Belbees et en çima enno Outeiro, os quaes foron de Aldonça de Moreyras. Iten vos aforo mays con esto que sobre dito he huna leyra de viña (con)* que foy de Afonso da Sobereira, et jaz onde chaman a Vergeira, (et parte)* a qual vos aforo con outra viña herma que esta (a p)* a par dela, a qual dita viña con a dita viña herma parten de huna das partes con viña de Afonso Domingues da Alen et da outra parte enno souto da iglesia (fol. 15)
et (en ci)* con viña que labra Alvaro de Souto et en çima en viña de Joan de Montian et de Lourenço Peres et baixo feren enna (p)* camiño publico que vay de Sobrado para Ventrases, aforo vos as ditas casas e viñas de suso demarqadas con todas suas entradas et seydas etç. por tal condiçon que apostedes et reparedes as ditas casas de todas las cousas necesarias en maneira que non desfalescan etç. et que façades a casa pustromeira que esta junto con a congostra que vay para o souto da iglesia, que façades de sobrado et que a cobrades de tella e madeira e de todas las outras cousas neçesarias et diedes et pagedes por ellas de foro en cada huun anno (- - -) (fol. 15v)
(- - -) (fol. 16)