Gómez de Abadín subafora dous predios, polo tempo
que el os ten aforados, a Gonzalo Rodríguez, que pagará os foros
correspondentes ao bispo e a el 10 mrs. e media fanega de pan. (fols.
19v-20)
Feita e dada ao dito Gomes d’Abadín.
Sabean quantos esta carta de /aforamento\ (traspasaçon)* viren como eu Gomes d’Abedyn morador en Rante dou et /aforo\ (traspaso)* en vos Gonçalvo Rodrigues meu curmaao, morador en Bouça Longa /porlo tenpo e voses que o eu teño aforado do bispo da iglesia d’Ourense\ toda a miña parte e quiñon da Seara et da Abretesga con seus castineiros segundo que me perteesçen de dereito et que eu en ela teño, por tal condiçon que labredes et paredes et façades os foros ao bispo d’Ourense segundo que eu soon tiundo et vos estades obrigado et (fol. 19v)
da(...)edes a min e a miñas voses vos et (...)s voses por lo tenpo que o vos teen(de)s agora aforado do dito señor obispo dez mrs. branca en tres dños. et medea fanega de pan por cada día de San Martiño por las benfeyturias que eu fige et do al de disemo a deus et se quiserdes vender que frontedes a min etç. e obrigo os beens do dito señor obispo et os meus etç. Et eu o dito Gonçalvo Rodrigues obrigo meus beens etç. Penna CC.- etç. Tests. Alvaro d’Escarnaboys et Fernando Garçia de Pyñor, Alvaro d’Ervedelo et Joan do Bouteiro. Feita XXIII dias de desenbro.