GMH/ÍNDICE A-Z

299
1349, setembro, 19
foro

O cabido afóralles a Xoán Ares e á súa muller, María Martínez, no tempo das súas vidas, unhas casas na rúa de Penavixía, por 28 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 52

Sabeam quantos esta carta virem que eu Pero Suarez deam da igleia d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados per canpaan tanjuda enna costra nova de Sam Martiño hu he costume de nos juntar a fazer cabidoo, nos os ditos deam e cabidoo damos a foro a vos Johan Ares lavrador morador nos Brancos e a vossa moller Maria Martines que he presente, en vossa vida danbos tan solamente e mays non, hunas casas con seu seido e con suas casas que nos avemos en Ourense enna rua de Penavigia, aas quaes chaman ho Ixido das Vacas, as quaes casas e ixido de nos tevo alugadas este anno que passou Lourenço Carniçeiro. Damos vos a foro as ditas casas con seu yxido e con suas casas e con entradas e seidos e con todos seus dereitos e perteenças segundo que as tiiña de nos o dito Lourenço Carniçeiro. Et vos que adubedes as ditas casas e ixido de todalas cousas que elas ouverem mester, salvo se caeren per fondamento, que desto que as correga o dito cabidoo. Et vos e a dita vossa moller que pagedes de cada anno ao que tever a renda da coenga dous mor. de brancos que a daver pelas ditas casas e ixido. Et vos e a dita vossa moller que dedes a nos o dito cabidoo cada anno en salvo viinte e oyto libras de brancos da moeda de nosso señor el rey don Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros por tres libras e pagardelas cada anno vos e a dita vossa moller por dia de Santa Ouffemea do mes de setenbro. Et he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Johan Ares e a dita vossa moller sobre razon das ditas casas que se termii per dous ommes boons do dito cabidoo tomados a prazer de nos as partes toda outra apelaçon remota. Aynda he posto que se vos ou a dita vossa moller quiserdes vender ou deytar ou sopiñorar as ditas casas e ixido que primeiramente frontedes con elas ao dito cabidoo, et se as o dito cabidoo non quiser enton vendede ou deitade ou sopiñorade a atal pessoa que seia semellavil de vos e que faça e page cada anno ao dito cabidoo o dito foro das ditas viinte e oyto libras en salvo commo dito he. Et nos os ditos deam e cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos os ditos Johan Ares e Maria Martines con as ditas casas e ixido a dereito. Et nos os ditos Johan Ares e Maria Martines sua moller que somos presentes assy reçebemos de vos os ditos dean e cabidoo as ditas casas e ixido aforadas et prometemos e outorgamos de as adubar de todalas cousas que ouveren mester salvo se caeren per fondamento commo dito he, et pagar o dito foro das ditas viinte e oyto libras ao dito termio cada anno commo dito he, et conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens e cada huna delas que en esta carta son contiudas. Et para o assy conprir obligamos a vos todos nossos beens gaañados e por gaañar. Et desto nos os ditos deam e cabidoo e os ditos Johan Ares e Maria Martines rogamos a Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas per .a.b.c. anbas en hun tenor. Feita a carta en Ourense dentro no dito cabidoo, xixe dias de setenbro, era de mill e ccclxxxviie annos. Testemuyas que presentes foron Johan Afonso capelan de Santa Ouffemea, Johan Martines clerigo do coro da igleia d’Ourense, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a rogo das ditas partes en myna presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a.b.c. anbas en huun tenor e en cada huna delas meu nome e signal puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Litera capitoli por que an de dar Joan Ares lavrador pelo Yxido das Vacas que está en Penavigia xxviiiº libras.