GMH/ÍNDICE A-Z

914
1412, decembro, 20. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó notario Ares Pérez, á súa muller e a dúas voces unhas casas na rúa de Barrio Falcón, por renda anual de quince marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 99 v.



Sabean todos como nos as persoas coengos et homes boos do cabiidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabiidoo dentro en o thesouro da dita iglesia por campaa tanguda, segundo que o avemos de huso et de costume, avido sobre elo primeyramente acordo et consello, veendo et entendendo que he nosa prol et da dita iglesia et dos aniversarios dela et de nosos subçesores afforamos a vos Ares Peres de Villadonga, notario da çibdade de Lugo, et a vossa muller, Orraca Lopes, et a duas persoas despoys de vos, a huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que asi por vos for nomeada, et se por ventura non for nomeada que seia aquel ou aquela que de dereyto herdar vosos bees, as nosas casas con todas suas ortas et herdades et poço et entradas et saydas que elas han et ouberon, que estan en a rua de Barro Falcon et como parte de huna parte d’outras casas et orta de Gonçalvo Meendez do Campo, et d’outra parte topan en a outra rua, et da outra parte topan em outras casas de Lopo Afonso do Campo, et da outra parte topan en o carril que vay dos fiees de Deus para a Porta Minaa; as quaes casas et ortas et herdades et poço sobreditos vos afforamos a tal pleito et condiçon que façades et apostedes bem as ditas casas d’oje este dia ata dous anos primeyros sen maliça, et labredes as ortas et tenades todo em boo paramento; et dedes de todo de foro et renda de cada hun ano quinze maravedis longos, de oyto soldos cada moravedi, et os pagedes a aquel que for moordomo et recadador dos aniversarios em paz et em salvo segun lle pagaren os foros das outras casas que perteesçen a os ditos aniversarios sem exçepçon algua; et a o finamento da postremeyra persoa que subçeder depois de vos en o dito foro, como dito he, que as ditas casas et ortas fiquen libres et quitas et desenbargadas a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela de vos et de vosa voz con todos los boos paramentos que em elas foren feytos. Et este foro vos fazemos, como dito he, de consentimento et outorgamento de don Johan Rodrigues, arçidiago de Deçon, vigario de don Johan Martines, dean de Lugo, et rendeyro prinçipal que he o dito arçidiago dos ditos aniversarios, que esta presente et outorgante; et obligamos nos et os bees da mesa do cabiidoo da dita iglesia de Lugo a vos fazer sao et de paz et libre as cousas sobreditas que vos asy aforamos en o dito tempo de qualquer persoa ou persoas que vos las enbargar.

Et eu, o dito Ares Peres, que presente estou por min et en nome da dita mina muller et persoas asy reçebo de vos, os ditos homes boos do dito cabiidoo, o dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus para o pagar et comprir et atender en todo, segundo dito he. Et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que faça desto duas cartas de foro em hun thenor, ou mays se conpriren, as mays firmes que se poderen faser em dereito, huna delas signada de seu signo et seellada con seello de nos o dito cabiidoo, et deyte outra en o livro de nos o dito cabiidoo.

Feyto et outorgado fuy esto que dito he en a çibdade de Lugo dentro en o thesouro da dita iglesia de Lugo, XX dias do mes de desembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que dito he: don Juan Rodrigues, arçidiago de Deçon, vigario do dito dean; don Afonso Lopes, chantre de Lugo, vigario de Lopo Dias mestrescola; Rodrigo Afonso, juyz; Rodrigo Ares, chantre de Santiago, Roy Lopes, Johan Gomes, Lopo Fernandes, Rodrigo Ares, Afonso Ferrnandes, Fernando Rodrigues, Afonso Teyxeyro, Johan Lopes, coengos da dita iglesia; et Rodrigo Afonso de San Jullao, procurador do Conçello de Lugo; Gonçalvo Meendez, mercador; Gomes Ferrnandes Moreyra, notario, et outros.

Petrus Fernandi de Camoris, porcionarius eclesie lucensis notarius apostolicus.