GMH/ÍNDICE A-Z

998
1425, xaneiro, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Álvaro Fernández das Camoiras, notario, e a dúas voces o casal de Fondo de Vila na freguesía de Santa María Alta, por renda anual de 24 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 147 r.; Libros, lib. 6289, con referencia ó Lib. A f. 147.
       

Sabeam todos quantos esta carta de foro virem como nos o dean et persoas et cabidoo da iglesia de Lugo estando juntados en noso cabidoo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en o coro da dita iglesia, et de consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo da dita iglesia, rendeyro prinçipal et teedor dos aniversarios da dita iglesia, que esta presente, avendo primeyramente noso consello et diliberaçon et veendo que he noso probeyto et dos ditos aniversarios aforamos a vos Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario de Lugo, et a duas persoas apus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a tenpo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non foren nomeadas que seian quen erdar vosos bees de dereyto; conven a saber que vos aforamos o noso casal chamado de Fondo de Vila, que ias en a figresia et su u signo de Santa Maria Alta, con todas suas erdades et casas et arvores et formaes, a montes et a fontes, onde quer que vaan su u dito signo, que nos perteesçan por los ditos aniversarios en qualquer maneyra, et segundo que o tevo et usou em foro Vaasco Ferrnandes de Prado, et depoys Pedro Ares, seu fillo, a tal pleito et condiçon que labredes ben as erdades do dito casal et tiredes de monte as que en el iouveren, que seia sen maliçia, onde tiraren os outros da dita figresia, et as tenades ben labradas et en boo paramento; et dedes de foro et pensson vos et as ditas persoas depus vos en cada hun ano por todas las novidades et cousas que Deus der en o dito lugar et erdades viinte et quatro maravedis de longos a o dito Lopo Ferrnandes et a o que for rendeyro dos ditos aniversarios depus del. Et que a postromeyra persoa que suçeder en o dito foro seia obligada do dia que suçeder en o dito foro ata triinta dias primeyros de viir mostrar et notificar a o dito dean et cabidoo en como fica persoa do dito foro su pena de perder o dito foro; et a finamento da postromeyra persoa que o dito casal et erdades fiquen ben reparadas et labradas et libres et quitas et desenbargadas con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos a nos, o dito dean, et cabidoo et teedor dos ditos aniversarios.

Et eu, o dito Alvaro das Camoyras, por min et por las ditas persoas asi reçebo de vos, o dito dean, et persoas et cabidoo o dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees et das ditas persoas de o atenderemos et compriremos et pagaremos todo segundo suso dito he. Et nos, o dito dean, et persoas et cabidoo con o dito Lopo Ferrnandes asi vos lo aforamos et outorgamos.

Et porque seia çerto mandamosvos delo dar esta carta por lo notario iuso scripto, et mandamosla seelar con o seelo do dito cabidoo.

Que foi feita et outorgada dentro en o dito coro da dita iglesia de Lugo et cabidoo, quinse dias do mes de janeyro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: don Juan Martines, dean; don Afonso Lopes, chantre; Lopo Dias do Freixo, mestrescola; Pedro Ferrnandes de Tendilla, tesoreyro; Rodrigo Afonso, juis; Lopo Ferrnandes, Fernando Peres, Juan Dias, coengos da dita iglesia; et Fernando Yanes das Cortinas; et Fernando Ferrnandes, raçoeyros; et Estevo Eanes, clerigo do coro da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por mandado et rogo das ditas partes fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.