GMH/ÍNDICE A-Z

933
1416, outubro, 15. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lopo de Prol, á súa muller e a unha voz unha casa, horta e terreos edificables na freguesía da capela de San Pedro, por renda anual os primeiros beneficiarios de sete marabedís e oito marabedís a voz, maila obrigación de construír un pombal.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 119 r.


   

Sabeam quantos esta carta de aforamento virem como nos as persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Lopo de Prol, morador en a çiudade de Lugo, et a vosa muller, Tereia Afonso, et a outra persoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, huna casa con seu orto et poço que esta çerca dos fiees de Deus desta çiudade de Lugo, con os formaes de casas que estan a par da dita casa et orta, os quaes formaes de casas teen a entrada por la rua de Barro Falcon, et a dita orta \et casas/ ten a entrada escontra os fiees de Deus, et topan en o carril que vay da Torre do Castrelo para a Porta Minaa, en a qual dita casa morou Tareia Afonso dos fiees de Deus, segundo perteesçen a os ditos aniversarios; a qual dita casa et orta et poço et formaes de casas, segundo dito he, vos aforamos con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças, segundo perteesçen a os ditos aniversarios et iglesia de Lugo, a a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Lopo de Prol, et vosa muller et persoa que suçeder en o dito foro tenades a dita casa feyta et cuberta et portada et ben reparada, et a dita orta lavrada et çarrada de parede segundo que ora esta; et façades hun poonbar en os formaes das ditas casas con a pedra dos ditos formaes, et ho façades d’aqui ata dous anos primeyros compridos seguentes; et dedes et paguedes en cada hun ano de foro et penson vos, o dito Lopo de Prol, et vosa muller en vosas vidas sete moravedis de moneda vella et de longos, et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro que de et pague cada ano oyto moravedis de longos en cada hun ano por dia de San Martino de novembro; et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro a dita casa et poombar an de ficar feytos et cubertos, et a dita orta çarrada et lavrada et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et a os aniversarios delas, cuios son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos. Et outrosy que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo do dia que en el ficar por persoa ata triinta dias primeyros seguentes su pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Lopo de Prol, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo o dito foro, et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar en todo como dito he.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, et as signasse de seu signal, huna para nos o dito cabidoo et outra para vos o dito Lopo de Prol con o seello do dito cabidoo.

Feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, quinse dias do mes de outubre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, juys; don Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Johan Eanes, Fernando Rodrigues, Rodrigo Ares, Afonso Teyxeyro, Nuno Gomes, Afonso Ares, coengos de Lugo; Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, raçoeyros de Lugo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.