GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

866
1385, abril, 15. Lugo
O bispo de Lugo afóralles a Fernando López e á súa muller e a unha voz a herdade de Xordo, na freguesía de San Martiño de Furoes, por renda anual de dúas tegas de centeo.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 36r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da sancta iglesia de Roma, obispo de Lugo, damos aforo et avervo a vos Fernan Lopes, mercador, vesinno desta nosa çibdade de Lugo, et a vosa muller, Marina, en toda vosa vida de anbos et a huna persoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de voso finamento, toda quanta herdade et arvores chamada de [Xordo] que a nos et a nosa iglesia perteesçe enna fiigregia de San Martino de Furoes, da qual por nos trouvo Aldara Peres d’Onbreyro, que foy, parte dela, et a outra parte dela ha de trager et usar por nosa iglesia Eynes Gonçalves de Pineyra, morador en Adae, ou quen ela mandar en sua vida et a seu finamento ficar livre et quita a nosa iglesia, a tal condiçon que lavredes et paredes ben ou façades lavrar as ditas herdades et arvores et quinoes de naseyros que y havemos que vos damos con a dita herdade, en guisa que se non perçan con mingoa de lavor et de boo paramento et de sarradura, et façades tirar de monte as que jouveren en el que seian sen maliçia ut tiraren os outros; et dedes de renda et foro das ditas herdades et arvores a nos et a nosa iglesia en cada hun anno duas teegas de çenteo linpoo en pas et e salvo por teega dereyta. Et non avedes a vender, nen deytar, nen eallar, nen subpinorar este dito foro et vervo vos nen a dita persoa a outro algun sen nosa liçençia et consintimento ou de nosos subsçesores, et seredes serventes et obidientes nosos et de nosa iglesia, et a persoa que for nomeada venna reçeber de nos este dito foro ou deles et non o fasendo asi que por este miismo feyto o perça et llo posamos nos ou nosos subsçesores reçeber, et a finamento da pustrimeyra persoa que for nomeada as ditas herdades et arvores et naseyros han de ficar livres et quitos et desenbargados a nos, o dito sennor obispo, et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos, et ben lavradas.

Et eu, o dito Fernando Lopes, que presente estou por min et por las ditas minna muler et persoa asy o reçebo et obligo meus beens et seus de comprirmos et pagarmos et guardarmos todo esto que sobredito he sub penna de çen maravedis. Et nos, o dito senor obispo, asi vos-lo outorgamos, et en testemoyo desto mandamosvos dar esta nosa carta firmada de noso nome et seellada de noso seello.

Dada en Lugo, quinse dias de abril, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et treçentos et oyteenta et çinquo annos.

Testemoyas que estavan presentes: don Ares Peres, arçidiago de Deçon; Ares Ferrnandes, coengo; Fernando Afonso de Belmonte. Afonso Touron notario. Frater Petrus, episcopus.

Eu Afonso Touron, notario, o fis aqui scrivir por mandado do dito sennor obispo.