GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

939
1417, xaneiro, 5 martes. Lugo

Lopo Fernández, cóengo de Lugo, arréndalle a Pedro de Benade, durante dous anos, as herdades do medio casal do pazo de Benade por renda anual dunha carga de centeo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 120 r.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos, martes, çinquo dias do mes de janeyro. En a çiudade de Lugo Pedro de Benade, morador en a fiigresia de Santo Estevo de Benade, arrendou de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da iglesia de Lugo, as herdades da metade do casal do Paaço de Benade, que son dos ditos aniversarios, et iasen en a dita fiigresia de Santo Estevo de Benade, a qual dita renda das ditas herdades da dita metade do dito casal del feso deste janeyro que ora he ata dous anos primeyros compridos, duas novidades alçadas, a a tal condiçon que el lavre et pare ben as herdades da dita metade do dito lugar et as tire de monte onde elas iuoveren, onde tiraren os outros, que seia sen maliçia, et de de renda cada ano a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for moordomo dos ditos aniversarios, huna carrega de çenteo cada ano en pas et en salvo en a çiudade de Lugo, des Santa Maria d’agosto ata Santa Maria de setenbre; et en esta dita renda non vay a herdade que ten Rodrigo Afonso de Mouris, clerigo, a a mao que a el ten sementada. Et o dito Pedro de Benade asy reçebeu a dita renda et obligou seus bees et asy meesmo de a gardar et comprir et pagar. Et o dito Lopo Ferrnandes, coengo, asy lla outorgou.

Testemoyas: Lopo de Prol, et Johan de Toldaos; et Afonso Ares, yrmao de Rodrigo Ares, coengo.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).