GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

140
1320, decembro, 15
foro

O cabido afóralles a unha voz a Xoán Domínguez e á súa muller, María Iáñez, o casal dos Abeledos por quinta de pan, un moio de seara e por dereitura trinta soldos, dous capóns e un lombo, e ao mordomo un soldo de León, un queixo “pedernal”, unha ducia de ovos, unha galiña, un sesteiro de pan e un xantar “enna eyra”. Así mesmo, concédenlle varios celeiros “por razon que a justiça he minguada”.



ACOu, Escrituras XVII, 16

Sabeam quantos esta carta virem que nos dom Vaasco Peres deam e o cabidoo d’Ourense, damos a foro a Johan Domingues e a sua moller Maria Anes e a huna voz qual o pustrimeyro deles nomear, o nosso casal dos Ameendos que he su signo de Sam Viçenço, a monte e a fonte con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças, por tal condiçon que os ditos Johan Domingues e sua moller e a dita voz lavren e paren bem o dito casal en maneira que non defalesca por mingua de lavor e de boon paramento, e de ende cada anno de foro a nos o dito cabidoo a quinta do pam enna eyra e hun moyo de seara do seu quiñon pelo nosso moordomo e que dia por dereytura cada anno pola festa de Sam Martino trinta soldos de brancos da moeda del rey don Fernando contado quatro diñeiros por tres soldos, e dous capoens e hun lonbo, e dem ao moordomo que y estever por nos hun soldo de Leon e hun queygo pedernal e doze ovos e huna gallina e hun sesteiro de pam e hun jantar enna eyra, e por razon que a justiça he minguada outorgamoslle con este casal os çelleyros que estam feytos cabo da igleia de Sam Viçenço, e se mays quiseren faser daqui adeante que se aveñan con nosco o dito cabidoo ou con aquel que y andar por nos. Et se pela ventura estes sobreditos Johan Domingues e Maria Anes e a voz sobredita quiseren vender ou obligar o dito casal enno tenpo que eles e a dita voz am de teer, que o vendam ou obligem ao dito cabidoo ou a algun do dito cabidoo, e se o cabidoo ou algun do dito cabidoo non quiser reçeber conprado ou obligado ou supenorado que enton que o vendan ou obligen ou supeñoren aa tal pessoa que seia seu comunal e que seia tiudo aas cousas sobreditas e faça os foros ao cabidoo en paz. Et se pela ventura o dito casal a morte deles e da dita voz non for ben parado, que se repare pelos seus beens deles e fique livre e desenbargado ao cabidoo. Et he posto que non criim y fillo de cavalleiro nen de donna nen descudeiro nen de homme poderosso, e outrossi se pela ventura recreçer contenda entre os ditos Johan Domingues e Maria Anes e a dita voz e o cabidoo sobre alguna cousa, que se termii por dous hommes boons do cabidoo tomados a prazer das partes, toda apellaçon remota. Et se por non poder ou por neglegençia o lavor do dito casal for perdudo ou algunas das cousas sobreditas non foren aguardadas, convenyvil cousa seia ao dito cabidoo entrar e reçeber o dito casal assi commo o achar se quiser por sua outoridade sem outra contenda, se non que se torne a seus beens delles. Et para todas estas assy conprir e aguardar commo sobredito he, os ditos Johan Domingues e Maria Anes por si e pola dita voz obligaron si e todos seus beens gaanados e por gaanar. Et o cabidoo deve a deffender elles e a dita voz a dereito con o dito casal. Feyta a carta en Ourense eno cabidoo, quinze dias de dezenbro, era de mill e trezentos e çinqoeenta e oyto annos. Tests. que presentes foron dom Johan Rodrigues chantre, meestre Maçia o meestrescola, Garçia Martines tesoureiro, Martin Fernandes, Martin Fernandes, Johan Eanes e Johan Fernandes e Pero Affonso coengos, Migeell Domingues moordomo do cabidoo.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler desa çidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge.

(sinal)