GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

170
1328, maio, 23
foro

Xoán Rodríguez, chantre, tenente da capela que ordenou o cóengo Pedro Bochechas, afóralles a perpetuidade aos carniceiros Xoán Mourín e a Xoán Domínguez de Caldelas, e ás súas respectivas mulleres, Maior Pérez e Tareixa Fernández, a cada un na súa metade, un terreo e viña en Pena Redonda por quinta.

ACOu, Escrituras VI, 12; Escrituras XIV, 124

Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan Rodriguez chantre d’Ourense e teendor da capella que ordenou dom Pero Bochechas coengo que foy d’Ourense, com outorgamento do deam e do cabidoo dessa igleia e por seu mandado, aforo a vos Johan Mourim carniçeiro e a vossa moller Moor Peres ena huna meatade et a vos Johan Domingues de Caldelas carniçeiro d’Ourense e a vossa moller Tereyia Fernandez ena outra meatade e a todas vossas vozes para senpre, huna leyra de terreno e de viña que a dita capella ha eno lugar a que chaman Pena Redonda, a qual iaz ontre a viña de Maria Fernandez a cordoeira da huna parte e da outra a viña de Gonçalvo Furom e en fondo fere na viña de vos o dito Johan Mourim e ena de Maria Fernandez sobre dita e ençima entesta nas viñas que forom de Monio Copelo e de Lourenço Perez dos Brancos. Aforovos a dita viña e terreno por tal condiçon que a lavredes e paredes ben e ha chantedes de viña hu for para chantar, em maneira que non defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento e a esterquedes, et dedes ende cada anno ao que tever a dita capella a quinta parte daquel froyto que y deus der en salvo no dito terreno e viña. Et non devedes coller os froytos da dita viña sem mandado do que tever a dita capella e sem seu ome, ao qual devedes proveer de comer e de bever em quanto estever convosco a coller o viño da dita viña. Et se quiserdes vender ou deitar ou enpeñorar a dita viña e terreno no dito tenpo ou cada huna de vossas vozes, que a vendades ou deitedes ou enpenoredes ante ao que tever a dita capella ca a outro pollo justo preço. Et se a el assy nom quiser reçeber que frontedes con ela ho cabidoo d’Ourense. Et se a el non quiser reçeber assy pollo justo preço enton a vendede ou deitade ou enpeñorade a atal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e pague o dito foro cada anno en paz e en salvo commo dito he. Et se recreçer contenda entre vos ou cada huna de vossas vozes e o que tever a dita capella sobrela dita viña ou sobre alguna cousa delo que se termine por dous omes boons do dito cabidoo tomados sem suspeita a prazer das partes sem outra apellaçon. Et os ditos Johan Dominguez e Johan Mourim obligaron todos seus beens gaañados e por gaañar para lavrar e pagar e conprir commo dito he. Et o dito chantre obligou todolos beens da dita capella para anparar os ditos Johan Domingues e Johan Mourim e todas sas vozes a dereito com a dita viña e terreno. Et desto as ditas partes pidirom a min Afonso Viviaez chançeller senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita a carta em Ourense, xxiii dias de mayo, era de mill e trezentos et seseenta e seys annos. Tests. que a esto presentes foron Domingo Eanes, Pero Martines clerigos do coro, Johan Fernandez, Pero Eanes omes do dito chançeller e Lourenço scrivan ome de Afonso Viviaez. Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presenca as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)