-71-
Torre de / Rriãjo.
Este dja, o dito Sueyro Gomes dou as chaues da dita torre e casa a Gonçaluo Mariño, / seu parẽte e criado, e le apoderou en ela ẽno alto e baxo e lle encomẽdou / a garda dela para que a touese por el, para que o acollese en ela a el e a seu fillo, / Johán de Souto, yrado e pagado ẽno alto e baixo. E lle mãdou que, falleçẽdo / el, la dese a que(e)n el por seu testamẽto mãdase; e falleçẽdo213 sen faser mãda, / que a entregase e rrecudise cõ el[a]214 ao dito seu fillo, sendo bjuo, e falleçẽdo menor / de hedade, que rrecudise cõ ela a seus yrmãos e parẽtes máis proprincos que o seu / ouvesẽ de herdar, e o dito Gonçaluo Mariño se dou por entrego dela. Testigos: os ditos.
__________
213. Despois está riscado un a.
214. Está escrito el.