(...)a e nove annos, dez dias de
jullio. Connuçuda cousa seia a todos que en
presença de min Gonçalvo Eanes
notario publico (...) das tests. adeante
escriptas, dom Pero Suarez deam da igleia
d’Ourense e Johan Gonçalvez coengo
desse lugar (...) das Tendas ante as casas en que mora
Pero Eanes e Lourenço de Veiga
mercadores, o dito dom Pero Suarez dean
disso que as (...) en que moravan os ditos
Pero Eanes e Lourenço de Veiga que
eran do cabidoo et que Domingo Peres dito
Iograr que foy que as tevera (...) vida e por huna
voz apus seu finamento qual el nomeasse en sua vida et que
o dito Domingo Peres ante de seu
fina(mento ...) aforamento das ditas casas o dito
cabidoo et disso que el en nome (...) as ditas casas
con todas (...) dito Johan Gonçalves
coengo que pechasse as ditas casas e as tendas e
as reçebesse (...) et Pero Eanes e Lourenço
de Veiga que estavan presentes disseron
que o dito Domingo Peres que foy
que lles devya huna qontia de diñeiros
et que outorgara que se el morresse ante
(...(sen entregos daquello que eles
mostrassen que lles el devya que fossen entregos
pelas ditas casas por aquela voz que el
delas avya de (...) et aquela voz que el fezesse de pus
sua morte ante que entrasse a posisson
das ditas casas que ante lles entregasse
aquelo que (...) sigundo que dizian
que se todo esto mays conpridamente
contiiña en huna carta feyta por Domingo
Eanes notario d’Ourense que (...) e
fezeron leer por min dito notario
ante o dito dom Pero Suarez dean e Johan
Gonçalves coengo. Et frontaronlles
que ante que elles ou outro (...)
ditas casas que ante lles dessen e
pagassen aquelo que eles mostrassen
por conta que lles o dito Domingo
Peres devya sigundo que se na dita carta
(...) prestes eran para lles mostrar
a conta do que lles o dito Domingo
Peres devya se a eles quisessen veer. Et
se elles en outra maneira querian
(...) que elles fossen pagados que o
poyñan por agravamento e que non
consintian en reçebemento ninhuun
que elles das ditas casas (...) entregos
e pagados do que lles o dito Domingo
Peres devya e era obligado pelas ditas casas e que
o contradizian. Et (...) en nomme do dito
cabidoo que reçebia as ditas casas sigundo
dito avya. Et quanto da dita carta que
lle os ditos (...) e da fronta que lle fazian
que pedia o traslado para o mostrar ao cabidoo e
que lles daria a ello resposta. Et logo (...)ou as
portas do sobrado das ditas casas e das tendas e fechoas e
disso que en nomme do dito dean e cabidoo
que reçebia (...) a posisson delas para o
cabidoo. Et deu logo as chaves da tenda que ten o dito
Pero Eanes e Lourenço Eanes dito
Lasso ao dito (...) que as tevesse de parte do
cabidoo e as desse ao cabidoo ou a quen lle o dito
cabidoo mandasse. Et outrosy entregou as chaves
da (...) o dito Lourenço de Veiga e Johan
Eanes ao dito Johan Eanes que as
desse ao cabidoo ou a quen lles o dito cabidoo
mandasse. Et os (...) Lasso e Johan Eanes
disseron que assy reçebian as ditas
chaves e que as darian ao dito cabidoo ou a quen
o dito cabidoo mandasse (...) Lourenço de
Veiga disseron que non consintian
enno dito reçebemento et que
protestavan para demandar e aver
pelas ditas casas (... Domi)ngo Peres devya e
era tiudo por ellas e a pena que enna
dita carta era contiuda. Et outrossy que
protestavan das custas, perdas (...) elles
ou cada huun delles por esta razon fezessem e
reçebessem para as demandar por hu seu
dereito fosse. Et (...) dean disso que o dito
cabidoo que lles faria conprimento de
dereito sobre qual quer cousa quelles
fossen tiudos. Et desto (...) o dito dom Pero Suarez
deam em nomme do cabidoo e os ditos Pero Eanes
e Lourenço Eanes por sy pediron a min
notario (...)dimentos con meu nomme e con
meu sinal. Esto foy en Ourense na dita rua das Tendas
enno dia e era sobreditos (... pre)sentes
foron Gonçalvo Martines dito Rella
moordomo do cabidoo, Garçia Alvarez, Pero Lourenço,
Pero Moogo clerigos do coro (...) Lourenço
Fernandes alfayate moradores em Ourense.
Et logo en
este dia e era sobre ditos en presença de
min Gonçalvo Eanes (...) das tests.
adeante escritas, estando aa porta da igleia de
Santa Maria Madalena ante as portas das casas en
que mora (...) que foy, o dito Johan
Gonçalves coengo disso que en nomme
do dean e cabidoo d’Ourense e para elles
que reçebia as (... po)sisson dellas para
o dito cabidoo et entregou as chaves das ditas
casas a Dominga Peres moller de Martin Affonso
que as tevesse polo cabidoo et que as desse ao cabidoo
ou a quen lle o cabidoo mandasse. Tests. o dito
Gonçalvo (...) Pero Moogo clerigo e Estevo
Caldelas.
Et eu
Gonçalvo Eanes notario sobre dito
que a esto que sobredito (...) foy e en
miña presença o fige escripvyr e
meu nome e meu signal (...) que tal he.
(sinal)
[reverso] (...) que o
dean reçebo as casas das Tendas do cabidoo (...)
(...)
que
foron
de
Domingo
Iograr.