GMH/ÍNDICE A-Z

D151
1459, maio, 4
Gonzalo Núñez declara baixo xuramento, ante certa reclamación presentada por Gonzalo de Monterroso, que só vendeu aceite por un total de 50 mrs., a 9 mrs. o azume. (fol. 45v)

a a e c

Et despois desto, a quatro dias de mayo en Ourense, o dito Gonçalvo Nunes diso que en soltando o dito juramento que lle fora feito porlos ditos alcalldes (diso)*a pedimento do dito Ares de Monterroso, diso que non vendera outra cousa alguna, salvo que vendera azeyte a Gonçalvo Rodrigues, por que lle dera çincoeenta mrs. a IX mrs. cada açunbre et que asy o declarava porlo dito juramento que feito avya e que outro nehuun non vendera de que fose acordado.