GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

778
1378, marzo, 1. Castelo de Asma
O bispo e a igrexa de Lugo outórganlles a Pedro Lourenzo e á súa muller tres moios de pan anuais polo casal de Castelo, que teñen aforado, mais 12 moios pendentes de pagamento, e reciben a cambio canto posúen os beneficiarios en Santa María de Castelo, San Xián do Campo e outros lugares de Asma.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 102v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome da nosa iglesia, da huna parte, et eu Pedro Lourenço, morador en Yder, et Aldara Peres, minna muller, que esta presente et outorgante, da outra, fasemos entre nos tal enprazamento que seia valedeyro segundo que en esta carta for contiudo. Conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, os sobreditos Pedro Lourenço et Aldara Peres, para en toda vossa vida d’anbos os tres moyos de pan que nos avedes de dar de cada anno do nosso casal de Castello, que de nos teedes en foro, et quitamos-vos mays et damos dose moyos de pan que nos devedes do foro do dito casal de quatro annos, et damos-vos delles por livres et quitos et a todos vosos bees.

Et eu, a dita Aldara Peres, con outorgamento do dito meu marido por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor obispo, fasedes dou a vos et a a dita vosa iglesia para senpre iamays por iur d’erdade todas quantas herdades et casas et arbores et formaes eu aio et me perteeçen de aver en qual maneyra quer por parte de meu padre, Pedro Eanes, et de minna nana, Mayor Migueles, enna fiigresias de Santa Maria de Castelo, et de San Iullao do Campo, et en outros lugares quaesquer que as eu aia en terra d’Asma, con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, peru quer que vaan sub os ditos signos, con tal condiçon que eu et o dito meu marido aiamos et levemos en toda nossa vida os fruytos et dereyturas que as ditas herdades et casas et arbores renderen, et a finamento do postrimeyro de nos que fiquen livres et quitas et desenbargadas a vos et a vossa iglesia, et ponno logo a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia enno iur et possisson et propiedade das ditas herdades et casas et arbores, et tiro ende a min et a toda mina vos. Et eu et o dito meu marido connosçemos et outorgamos que somos vosos tragedores et pesuydores por vos et por la dita vossa iglesia das ditas herdades et casas et arbores et iures et dereytuas delas, et obligamos nos et nosos bees, movilles et rayses, de vos las fasermos senpre de pas; et aquela pesoa que for nomeada por foreyro enno dito vosso casal de Castello, que de vos teemos, que vos pague os ditos tres moyos de pan de cada anno.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos as ditas herdades et casas et arbores et iures et pertenenças et dereyturas, que nos dades, et outorgamos o dito foro enna maneyra que dita he. Et que esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Iohan Arias, notario, que fesese desto duas cartas en hun tenor.

Que foron feytas en Castello d’Asma, primeyro dia de março, era de mill et quatroçentos et des et seys annos.

Testemoyas que foron presentes: Arias Peres, coengo de Lugo; Fernan Gonçalves de Moreda; Pedro Lourenço, clerigo de Nugueyra; Pedro Martines de Castelo; Pedro Neto de Faquioos; Iohan Ferrnandes de Vilella, et outros.

Et eu Iohan Arias, notario publico da çibdade de Lugo et dos coutos da iglesia dese lugar por auctoridade do bispo desse lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas et esta carta escrivi por lo dito rogo et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.