GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

397
1375, xuño, 5 (Traslado feito en 1382).
testamento

Cláusulas do testamento de Xoán Pérez de Nóvoa, con mandas ao cabido, que ordena ser enterrado no mosteiro de Oseira e nomea herdeiras as súas fillas.

ACOu, Escrituras I, 6

Enno nomme do padre e do fillo e do espiritu santo que son tres pessoas e hun deus verdadeyro e da sua madre virgen santa Maria amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren commo eu Johan Peres de Novoa, fillo de Pero Anes de Novoa e de dona Maria de Seabra que foron, estando sao e con soude e con todo meu entendemento conprido qual deus tevo por ven de me dar, temendome de morte que he cousa natural et por tal que depoys de miña morte non veña contenda entre alguuns sobre los meus beens e sobre lo al que devo ordenar, et consiirando que eu nen outro algun non sabemos o dia nen a ora que avemos de passar deste mundo para o outro segundo que dis o avangeo de deus, por ende faço miña manda e testamento para senpre valedeyro en aquesta maneira que aqui dira: Primeiramente, dou a miña alma a deus e a santa Maria sua madre et peçolles moyto omildosamente que ma queyran reçeber enno seu reyno e que me queyran perdoar os pecados e erros que ey feyto ata aqui e que daqui endeante me garden de faser outros. Et mando enterrar meu corpo enno moesteiro de Santa Maria d’Oseyra hu jas meu avoo Johan Peres e Pero Anes meu padre etç. Iten mando ao cabidoo da ygleia d’Ourense por lo amor de deus e por que lle soo tiudo o meu couto de Soutomayor con todos seus dereitos et perteeças et todo aquelo que eu ey e me perteençe en Groesende et en Albaide. Que aian e possuyan todo esto que lles mando para senpre por jur de herdade por seu. Et que os homes boons, pessoas e coengos do dito cabidoo que me façan por elo e digan en cada hun anno para senpre dous universsarios segundo que han acustumado de o diser por los outros finados, et hun unyverssario o primeyro dia do mes de mayo et o outro a quatro dias desse mes de mayo por la miña alma et daquelles a que eu soon tiudo etç. Et faço miñas herees en todos los outros meus beens e boas movilles e reyses que mandados non ey em este testamento et castelos e casas fortes dona Maria moller de Andreu Sanches de Gres et dona Mayor et dona Eynes et dona Mariña miñas fillas que ey de dona Elvyra miña moller, et fillo ou fillos outros se os ouver da dita miña moller e y ficaren vivos a tenpo de meu passamento. Et mando que morrendo cada huna destas miñas fillas e fillos outros se os ouver da dita miña moller sen ydade conprida que suçedan e fiquen herdeyros ennos ditos meus beens e casas fortes os que delles ficaren vivos et asy suçesive etç. Feyto foy e outorgado este testamento enna çibdade d’Ourense, çinqo dias do mes de juyo, era de mill e quatroçentos e trese annos. Testimoyas que presentes foron para esto espeçialmente chamadas e rogadas Gonçalvo Anes e Gonçalvo Martines de Ribadavea e Affonso Fernandes coengos na igleia d’Ourense et Bertolameu Peres raçoeyro na dita ygleia et Johan d’Ourantes e Lopo Rodrigues d’Ourantes et Garçia Peres d’Ourense escudeyros do dito Johan Peres de Novoa.

Este he traslado de hunas clasulas do testamento de Johan Peres de Novoa, o qual testamento foy feyto et outorgado por min Martin Gonçalvez publico notario de Ourense por la ygleia desse lugar, as quaes clasulas eu o dito Martin Gonçalvez notario fiz escripvyr en miña presença e sacar do resistro e nota do dito testamento feyto por min o dito notario, et por mandado e outoridade de Vaasco Peres Corvacho mestrescola d’Ourense et de Martin Martines chantre de Covasruvias amiistradores do bispado d’Ourense por lo onrrado padre e señor don Pedro de Luño cardeal na santa igleia de Roma legado nos reynos d’España, meu nomme e meu signal aqui fiz en testimoyo de verdade. Que foy feyto enna çibdat d’Ourense, dez dias do mes de (- - -) era de mill e quatroçentos e viinte annos. Testimoyas que foron presentes aa dita outoridat Gonçalvo Anes da Castineira tesoureiro et Martin de Montes e Bertolameu Peres e Garçia Diaz coengos na igleia d’Ourense e Martin Esteves omme do dito mestrescola e outros.

(sinal)

Materias

aniversario; auto xudicial; avó; bispado; cabaleiro; cabido; cardeal; chantre; cisterciense; cóengo; colexiata; corte romano; couto; criado; dignidades; diocese; doazón; escudeiro; esposa; esposo; familia; filla; fillo; fortaleza; herdanza; legado; menor; mesa capitular; mestrescola; mosteiro; muller; nai; neto; nora; notario; orde do Císter; pai; racioneiro; rexistro; sepultura; tesoureiro; testamento; traslado; vacante; vigairo; xenealoxía; xenro; xurisdición; fidalgo

Persoas

Afonso Fernández, cóengo de Ourense; André Sánchez de Gres; Bartolomeu Pérez, cóengo de Ourense; Bartolomeu Pérez, racioneiro de Ourense; dona Elvira; dona Inés; dona Maior; dona María de Novoa; dona Mariña; García Díaz, cóengo de Ourense; García Pérez de Ourense, escudeiro; Gonzalo Eáns da Castiñeira, tesoureiro de Ourense; Gonzalo Eáns, cóengo de Ourense; Gonzalo Martínez de Ribadavia, cóengo de Ourense; María de Sanabria; Martiño Estévez, criado; Martiño González, notario; Martiño Martínez, chantre de Covarrubias; Martiño Pérez dito Montes, cóengo de Ourense; Pedro de Luna, cardeal romano; Pedro Eáns de Novoa, cabaleiro; Vasco Pérez Corbacho, mestrescola de Ourense; Xoán Pérez de Novoa, cabaleiro; Xoán Pérez de Novoa, cabaleiro

Outros

Ourense, cabido; Ourense, diocese; San Cosme e San Damián de Covarrubias, colexiata; Santa María de Oseira, mosteiro; Ourense, bispado

Lugares

Albaide; Castineira; Covarrubias; España; Gres; Groesende; Oseira, Santa María a Real, mosteiro; Ourantes, San Xoán; Ourense; Ribadavia; Soutomaior, couto