Xoán de Ortega recibe revertidos tres casais por traspasalos o foreiro sen a súa licenza. (fol. 17-17v)
E despois desto a XXIII dias do dito mes do dito anno Joan d’Ortega, mestre escola et procurador do dito señor obispo, diso que por vertude de huna carta de aforamento que fora feita a Pero Martines das Barras, morador enno
couto de Vylarrobyn, de tres casares, huun que chaman o lugar de
(fol. 17) de Casdiante de Fondo et de Casdiante de Çima et o lugar das Barras, ennos quaes tres lugares el tevera et suçedera de outras personas, et por quanto os ca(n)beara et traspasara en outras personas sen mandado et liçençia do dito señor obispo, segundo que declarou por seu juramento que lle o dito mestre escola sacou, por ende o dito mestre escola diso que os reçebya para o dito señor obispo et que fasía delles reçebemento para el et defendía que des aqui en deante que nehuna persona non os entrase etç. Tests. Alvaro Afonso rejedor et Fernando da Crus morador en Sobrado et Diego criado do dito mestre escola.