GMH/ÍNDICE A-Z

093
1457

XXIJ (28R)

-93-

Este día, ante o juís Gomes de Rribademar pareçeu Ares de Neyra e puso por / demãda a Diego de Paredes, morador en Paredes, de man[eyr]a279 que lle quedara por põer e pagar / en nome4 de Jon Ferrnandes de Rrúa Noua XCIIIJº morauidís280, que se llos coñosçese, que lle pedía que llos mãdase / pagar; diso que llo negaua, e presentou en prouança delo aas personas que se / siguẽ. Sõ nouẽta e quatro morauidís281.

Jurou Lopo4 de Paredes ẽna sinal4 da crus en forma de dereyto, ao qual dito juramento / rrespondeu e diso que estando en Portomarín disera o dito Jon Ferrnandes de Rrúa / Noua ao dito Diego de Paredes que lle quedase por el, por lle dar os ditos XCIIIJº morauidís, / e que o dito Ares de Neyra disera ao dito Diego de Paredes: "¿tu darme ás estes diñeyros?"; / e que o dito Diego de Paredes disera:  "anda allá, que nõ venrrã as túas bestias / máis basjas que as mjñas".

Fernando de Paredes, jurado, diso que o dito Jon Ferrnandes de Rrúa282 Noua disera ao dito Diego / de Paredes283 que dese os ditos XCIIIJº morauidís ao dito Ares; e o dito Ares que lle / pregũtara ao dito Diego de Paredes: "¿tu, Diego, darme ás estes diñeyros?", e el / que lle rrespondera: "anda allá, que nõ vẽrrán túas bestias4 máis basjas / que as mjñas". E284 lle tornou a deser: "¿tu darmos ás?"; que lle tornou  a deser / o dito Diego ao dito Ares: "anda allá, que se darey", e que esto era o feyto da / verdade. Testigos: Rroý de Leyro.

E logo o dito juís, visto o que os ditos testigos diserõ e despuserõ, diso que mãda/ua e mãdou ao dito Diego de Paredes que dé e pague4 ao dito Ares de Ney/ra285 os ditos XCIIIJº morauidís vellos antes que de aq parta cõ as custas dereytas, que sõ / dose morauidís e dúas brãcas; e que así o daua e dou por súa sentẽça / en [e]stes286 escriptos e por eles. Testigos: Vasco d'Amjll e Jácome4 de Medjn e Ares / de Leys.

________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
279. Está escrito mana.
280. XCIIIIJº morauidís está entreliñado.
281. Sõ nouẽta e quatro morauidís está engadido para aclarar un entreliñado anterior; vid. n. 280.
282. O R está escrito sobre un p.
283. Despois está riscado e o dito.
284. Despois está riscado que.
285. Escribiu Dey/ra e corrixiu por riba.
286. Está escrito ensts cun único trazo por riba
.