GMH/ÍNDICE A-Z

172
1457

-172-

E despois desto, ẽna dita granja, VIIJº djas do dito mes, pareçeu Jon Rrodriges de Pumares e / jurou ẽna dita crus en forma de dereyto, et çétera; testigos: Pero Mariño, o Moço, e Ferrnando de Sauardes / e Áluaro Gomes, morador en Vendoyro, de terra de Deça; o qual579 para o juramento que feyto avía diso / que vira leuãtar a Ferrnand Garçía de Vialo, padre de Aldonça Munjs, o paaço tellado / de Paaços580, e que oýra diser aos vedranos da dita freigresja que o tijña de foro / de Sã Justo e que nõ sabía por quanto nẽ por quanto nõ; e que vira trager a tella para / o dito paaço de Noya porlo Cõfurco en carros e que a581 tella que desíã que viera / de Castela.

Jtem diso que o dito moesteyro de Sã Justo avía en Valmayor4 a terça parte, a / mõtes e a fontes, e que esto que o sabe de çerto porque582 / veu pagar a Sã Justo o terço do trigo quoresmal / que ha de aver Santiago, e os herdeyros pagauã os outros dous terços, de que pagaua / Sã Justo IIIJº morauidís que lle vjna en terço por aquela súa parte do trigo.

Jtem diso que vira / vsar583 e poseer ao dito moesteyro584 a terçia parte dos castineyros do dito souto; e que / os herdeyros nõ punã vara a sacudyr, a menos4 que chamasẽ a Sã Justo ou / a seu mayordomo e esteuesẽ todos presentes; e que despois vira cortar parte / dos ditos castineyros a Alberte de Vilela, clérigo, e que nõ sabe se os cortou por / võtade do moesteyro ou nõ.

Jtem diso que vira andar hũa cõgrosta, que andaua / de Vjlanoua para Valmayor4, por donde tragíã os gãados e tragíã leña, / e que vjna por entre as cortinas açerca da agua da fonte que deçe abaxo585 / porlo rrego ao sopee4.

(5R)

Jtem diso que sabía que Sã Justo ten dúas leyras ẽno / couto de Mjño, que he ẽna agra de Socadio, que jas hũa delas so a leyra de Rroý586 // Munjs587, e a outra jas sóbrela leyra de Martjn de Cõba, e que estas leyras que as / trage Ferrnand Rromeu, porque dis que llas dou o abade para ajutorio de588 / labrar as vjnas que lle aforara.

Jtem dis que o moýño de Pego Negro que / sabe que he de Sã Justo e que quedou fóra das cõcãbias que feso o abade / dõ Garçía cõ Ares Rromeu de Vialo, e que diserõ logo allý quando as cõcãbias / que o camjño quedase libre para o moýño, e que o nõ podesẽ çerrar nẽ ocupar, / e que o veu pasar así quando feserõ as cõcanbias589.

Jtem diso que avía en Cõba dous casares de herdade, / e que o hũu he de Sã Justo e o outro de Juã Yanes e de seu yrmão, Martín de Cõba, / e diso que avía este casal de Sã Justo cabo deste testigo hũa casa jũto cabo / a súa, que vay4 a cõgostra entre hũa e a outra, e mais parte do paaço que está par/dineyro, logo abaixo cabo da fonte.

Jtem diso que tragía do dito moesteyro IIIJº margas, / que estã entre marcos, que estã ẽna leyra do couto da hũa parte cabo o estado de / Coõjo, e el da outra parte segundo está entre marcos590; / e diso que se máis se lle acorda/se que o dería e que estas quatro margas forõ da cõcãbia de Ares Rromeu.

Jtem diso / que el tijña tres nogeyras boas en que ha a metade Sã Justo.

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
579. Despois está riscado diso.
580. Despois está riscado dag.
581. Despois está riscado tella.
582. Despois está riscado Sã Justo leua e deue leuar / o terço do trigo quoresmal.
583. Antes está riscado co.
584. Despois está riscado os.
585. Despois está riscado da parte.
586. Despois está escrito na fin da liña inferior Munjs rodeado cun trazo.
587. Antes, no comezo do folio, está riscada unha liña completa que di o dito Vasco de Vialo, jurado e preguntado, et çétera, diso e decrarou para o juramento que avía feyto.
588. Escribiu primeiro da VJ e logo riscou VJ e corrixiu o a en e.
589. Quando feserõ as cõcanbias está entreliñado.
590. Despois está riscado e máis outra leyra de herdade / que el trage, que foy da cõcãbia de Ares Rromeu
.