1351, maio, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Simón Rodríguez, durante a súa
vida, o casal de Toande, por renda anual de 10 marabedís e a obriga de
construír unha casa.
Era
de mill et CCC LXXX VIIIº annos, tres dias de mayo, o dayan et o
cabidoo da iglesia de Lugo deron et outorgaron, a Simon Rodrigues por
seus dias, o seu casal de Toande, que he dos aniversarios, que o
lavre et para ven et que faça y huna casa que y esta por faser. Et a
de dar por renda del, cada anno, a os aniversarios dez moravedis
desta moneda, a oyto soldos o moravedi en salvo, et a sua morte a de
ficar o dito casal a iglesia de Lugo con todollos boos paramentos que
en el foren feytos, segundo esto conten en una carta que levou o dito
Simon Rodrigues.
Testemoyas:
don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando Deus, chantres; Garçia
Dias, arçidiago de Sarrea; Iohan Dias, coengo, ts.
Et
eu Fernando Peres, notario de Lugo, a esto presente fuy con as ditas
testemoyas.