GMH/ÍNDICE A-Z

13
1433, abril, 20

Juan de Louçao, mareante, veciño de Pontevedra, obrígase a entregar a Ares García de Rajoo, mercader pontevedrés, 21 milleiros de sardiña arencada, polos que xa recibiu o importe acordado. Promete entregalos no mes de novembro próximo.

(f. 7 v)

Viinte dias do dito mes. Sabean todos que eu, Juan Louçao, mareante, bisiño da villa de Pontevedra, que soo presente, outorgo et conosco que devo et ey de dar et pagar a vos Ares Garcia de Rajoo, mercador, vesiño da dita villa, viinte et hũu millares de sardina arrencada, boa et merchante, por los quaes viinte et vn millares de sardina aranquada eu de vos resçeby a contia de mrs. porque vos los ouve et ey de dar et de que me outorgo etc... et renunçio etc... Et os quaes ditos viinte et hũu millares de sardiña arenquada vos prometo et outorgo de dar et pagar en todo o mes de novenbro primeiro etc... Et non vos los dando et pagando que page a como valueren en Valença ou en Barçelona ou en Sevilla.
Ts. Gonçalvo Ledo et Juan de Santa Maris, alfayete. Renunçio Ares Garcia todolos outros recados que lle avia feitos antes desta Juan Louçaao etc... Ts. ut supra.