GMH/ÍNDICE A-Z

109

1419, febreiro, 10.
 O Concello ordena ós procuradores que dean os peñores que tiñan das pescadeiras a cada un dos serventes para que os venderan e, do importe, o Concello se quedara coa cantidade para pagarlles ós que se lles deben.
O Concello manda ó procurador García Rodríguez preste a Sueiro da Enfesta 20 maravedís para levar unha carta a Rui de Sandoval.

Dia, esta feyra, dez dias do mes de fevereiro. Sabean todos que seendo os alcalles et algũos dos regidores da çidade de Santiago, juntados en consistorio enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, segundo que han de usso e de custume, presentes ende Gomes Rodriges, bacniller en decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles //
(Fol. 55)
enna dita çidade e Martin Galos e Fernan Gonçales do Preguntoyro e Afonso Fernandes Abril e Johan Aras de Caña, omes bõos, jurados e regidores da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua Corte et en todos los seus regnos e escusador (por lo dito) Roy Martines, notario, e dos testemoyas adeante scriptos; enton os sobre ditos mandaron a Garçia Rodriges e Juan Dominges de Lyñares, procuradores do dito conçello que desen os peñores que tiĩna das pescadeiras a cada ũu dos serventes do dito conçello para que os vendesen (por los moravedis das pennas en que avyan encorrido) e que os ditos procuradores acadasen os moravedis que por eles desen para se pagaren a quen os avia d’aver, segundo a ordenança feyta en rason das pennas contra as ditas pescadeiras. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes e Johan Bugeyrete, Alvaro Gil, Vaasco Gomes de Marçoa, Juan Ares do Vilar e Juan Rodriges do Çiqueelo e Juan Raposo, visiños da dita çidade.
Predito.- Mandaron ao dito Garçia Rodriges que enprestase viinte moravedis, branqua en tres dineiros, e os dese a Sueiro da Enfesta, que enviavan con carta do Conçello a Roy de Sandoval. Testemoyas os sobreditos.