160
1420, outubro, 30.
O Concello, ordena que os procuradores paguen os salarios dos serventes, alcaldes, procuradores e do que sobrase pagasen ó notario Pedro Afonso 720 maravedís, que o Concello lle debía pola confirmación dos privilexios da cidade.
O Concello afirma ter recibido do notario Pedro Afonso os privilexios confirmados polo rei e que unha vez recibidos por Martin Galos, os puxeran na hucha do Conçello con as outras scripturas que ende estavan.
O Concello ordena ós procuradores que pagasen, en primeiro lugar as débedas do mesmo a Gómez Rodríguez, bacharel, que montaban 400 maravedís, como avogado.
Trinta dias do mes de oytubre, este dito dia seendo juntados en consitorio Juan Fernandes Abril e Vaasquo Peres Abril, alcalles (sic) enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Sancho Sanches de Moscoso, Alfonso Fernandes Abril, Martin Serpe, regidores, jurados da dita çidade e Nuno Vinagre e Juan Raposo, procuradores do conçello da dita çidade enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade, segundo que han de usso e de custume en presença de min Fernan Eanes notario publico (sic) de nosso señor el rey enna sua corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario, e dos testigos infra scriptos; enton os sobreditos alcalles e regidores diseron que mandavan e mandaron aos ditos procuradores que de quaesquer moravedi que recabdavan e recabdasen por lo dito conçello que pagasen primeiramente as contias de moravedis que o dito conçello de vya en qualquer maneira e os selarios dos alcalles e dos ditos procuradores que dos moravedis que sobrasen e ouvesen ennos ditos procuradores desen e pagasen a Pero Afonso, notario da dita çidade seteçentos e viinte moravedis, branqua en tres dineiros, que o dito conçello lles devya dos custos que fesiera en confirmar os privilegios do dito conçello e se ennos ditos procuradores ou en algũu deles non toubesen (todos) os ditos moravedis que lle desen aqueles que en eles touvesen e os que falescesen que o dito conçello se obligava de llos pagar en todo o mes de mayo primeiro que verria enno anno seguinte. Testigos (sic) que a esto foron presentes: Vaasco Gomes de Marçoa, Bernald Yanes do Camiño, Alvaro Gil, Martin Rodriges, Fernan Juliate, visiños da dita çidade.
(Fol. 83 vº)
Predito. Os sobreditos confesaron que reçeberan do dito Pero Afonso, notario, os privilegios que reçebera e confirmara de nosso señor el rey, por quanto diseron que os entregara a o dito Martin Galos que os posesse enna hucha do conçello con as outras scripturas que ende estavan. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Mandaron a os ditos procuradores que pagasen primeiramente as devedas do dito conçello que pagasen a Gomes Rodriges, bachiller, os quatroçentos moravedis branqua en tres dineiros, que avya de aver en este anno que se fiinseria o primeiro dia de fevereiro [que el avia daver]41 por lo ofiçio d’avocaçia que tiiña do dito conçello. Testemoyas, os sobreditos.
41 Testado o comprendido entre corchetes.