GMH/ÍNDICE A-Z

D118
1459, abril, 23
Rodrigo Marques demanda a Xoán de San Xiao unha dobra de ouro que lle empeñara por 25 mrs., o cal é negado por este. (fol. 36)

Rodrigo Marqes et Joan de San Giaao.

En este día, audiençia da terça, ante os ditos alcalldes Rodrigo Marqes demandou huna dobra (dourense a)* douro que lle enpena por XXV.- Negoo et diso que lla mandara dar Joan de Outeiro das sellas et que lle paga os ditos XXV.et que lavara a dobra en nomme do outro. Diso que non mays que lle prestara el meesmo os ditos mrs. Pediron seer reçebidos a prova ata quarta feyra primeira sigente. Tests. Fernando Lopes, Gonçalvo de Reqeixo, Garçia Paas clerigos, Gomes Gonçalves, Fernando Afonso, Alvaro Fernandes pregoeiro.