GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

332
1336, xaneiro, 15. Lugo
Xácome Eanes, clérigo do coro, xura o seu cargo de despenseiro e nomea fiador o arcediago de Sarria, Álvaro Díaz.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 6v.

Era de mill CCC LXX et quatro annos, XV dias de ianeyro. Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min Pedro Iacome, iuys et notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas don Fernan Arias, dayam, et os omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo, seendo en cabidoo enno thesouro desa iglesia, disseron a Iacome Eanes, clerigo do coro da dita iglesia, que se queria husar do offiçio da sua despensaria d’aqui adiante que lle feçesse iuramento ennos santos avangeos que o feçesse ben et verdadeyramete, et que cuntasse et destribuysse os dineiros das rendas da sua mesa en tal maneira commo cada huna das pesoas et coengos et raçoeyros et coengos d’aniversario ouvessen suas raçoes segundo que lles perteeçer de cada dia, et de cada huna coussa des que en seu poder fosse. Et outrosi que lles desse hun fiador sufiçiente que todos los dineiros et outras cousas das suas amiistraçoes et rendas que en seu poder foren que se non pergan en seu poder, et que aia cada hun dos do dito cabidoo sua raçon d’ellas. Et se por ventura alguna coussa das rendas do cabidoo se perdesse des que en seu poder fosen que el et seu fiador por sy et por seus bees fosen delo teudos a cada hun dos do cabidoo et a todos. Et Iacome Eanes disso que lle praçia de hussar da dita despensaria poys a os do cabidoo praçia, et logo enno livro avangeliorum da iglesia posso suas maos et iurou que complisse ben et verdadeyramente o que sobredito he. Et demays o dito Iacome Eanes disso que el tinna a alguas veçes de yr recadar as rendas da amiistraçon do mes de fevreyro que tiina et non podia viir a todas las oras para destribuyr et contar estes dineiros de cada dia das oras, et que rogaria et faria tanto do seu a hun clerigo dos do coro de boa fama, qual os do cabidoo mandassen, que o escusase et rogavaos que lles prouvesse. Et os do cabidoo mandaronlle que fosse o clerigo Affonso Eanes que vive con o thesoreyro, et que lles praçia, et el prometeu apararlo y; et deu logo fiador en aquello que lle o cabidoo demandava segundo he de suso scripto a don Alvar Dias, archidiago de Sarria, que estava presente que se outorgou por fiador commo sobredito, et con esta condiçon que se a algun o dito Iacome Eanes non pagasse o que lle coubesse da sua raçon que o dissese a o dito archidiago ante que se feçesse outra conta. Et os do dito cabidoo reçeberon-no por fiador et outorgaron a dita condiçon. Et de commo esto passou por ante min, sobredito notario, o dito dayam et cabidoo pidiron- me d’ello este testemoyo con meu nome et con meu signal et eu dyllo. Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Pedro Roys, archidiago de Deçon; don Gonçalvo Garçia, mestrescola de Lugo; don Aras Pellaes, thesoreyro da iglesia de Lugo; Johan Ferrnandes et Andres Peres, coengos de Lugo; Françisco Guilelmes et Pedro Migueles, clerigos do coro de Lugo ts.

Et demays prometeu sub pena d’este iuramento sobredito que a a fin de cada hun mes terçer dia despoys da conta feyta que desse en scripto a o cabidoo aquelles amiistradores que lle non pagasen os terços. Testemoyas et dia sobreditos, ts.

Et eu Pero Iacome, iuyç et notario sobredito, rogado presente fuy et de commo por ante min pasou fige ende fazer este escrito que se aqui suso conten et puge en el meu signal en testemoyo de verdade.