Xoán de Reigoso demanda a Margarida 120 mrs. por
uns escudos que deixara na súa casa, mais ela alega terllos entregado a
Martiño do Cabo, a quen os alcaldes responsabilizan do pago. (fol. 25v)
E despoys desto, enna dita çidade d’Ourense, onse dias de abril, en Ourense, Joan de Reigoso, morador en, demandou a Margarida CXX.- de escudos que leixara en sua casa. Feso juramento que non reçebera delles ela nen seu marido mays que duas
dobras et que llas dera, et os outros que os levara Martiño do Cabo et que era obrigado de os pagar. Diso Martin do Cabo que os escudos que os levara (- - -) et que non se acordava ben a quen pagara os mrs., se a Margarida e se a sua moller, et que lle desen praseo en que o presentase a quen os pagara. Os ditos alcalldes mandaronlle que ata oyto dias de mayo presentase ao dito (- - -) para que declarase a quen pagara os ditos CXX.- et non o presentando que pagase ao dito Joan de Reigosa os ditos CXX.- con as costas. Tests. Alvaro Fernandes pregoeiro, Gomes de Ribadiso, Alvaro do Cabo, Ares de Prado.