GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

484
1395, abril, 19
foro

Os clérigos do coro afóranlles a oito voces a García Fernández e á súa muller, María Iáñez, un soar na rúa da Praza, para edificar casa, por 10 libras.

ACOu, Escrituras XX, 308

Sabean quantos esta carta viren que nos Fernan Afonso e Fernan (...) capella de Santa Ouffemea e Vasco Çide et Roy Lourenço dobreiros et Afonso (...) Pero Fernandes samcristan da Triindade e Afonso Peres e Johan d’Augada e Johan (...) Ares e Afonso Rodrigues et Gomes Peres e (...) clerigos do coro (...) da universidade dos clerigos da dita igleia d’O(urense ...) juntados sigundo (...) e en nomme da dita universidade damos e outorgamos a foro a vos Garçia Fernandes (...) Canpo que sodes presente e a vosa muller Maria Anes \que/ non he presente em vosa vida danbos (...) asi que ao tenpo da morte do pustrimeiro de vos nomeendes a primeira vos et a primeira nomee a segunda vos e a segunda nomee a terçeira e a terçeira a quarta e a quarta a quinta e a quinta a seisma e a seisma a septima e a septima nomee a oytava vos et asi vaam as ditas voses huna pus outra suçisive, et nonna nomeando que seia vos aquel ou aquela que herdar os vosos beens de dereito, conven a saber que vos aforamos hun soar que foy casa que a dita universidade ha e lle perteençe enna rua da Praça, a qual parte da huna parte con casas en que mora Vasco Branco e da outra con soares que foron casas do cabidoo da igleia d’Ourense que ten aforadas Diego Fernandes coengo d’Ourense et entesta en çima enna rua de Çima et an de teer as portas enna dita rua publica da Praça. Aforamos vos o dito soar segundo dito he por tal pleito e condiçon que a alçedes de parede e o cubrades de tella e de madeira e o portedes e el alçado e cuberto que vos e as ditas vosas voses que o mantenades enno dito tenpo en boon revor en tal maneira que non defalesca por mingoa de boon paramento, et dedes ende cada anno aa dita oniversidade por dia de Sam Martiño do mes de novenbro en pas e en salvo des libras de dineiros brancos contados viinte soldos por livra ou a estimaçon deles na moeda que correr. Et do al que o ajades de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego e trebuto alguun. Outrosi he posto que vos o dito Garçia Fernandes e vosa moller Maria Anes e vosas voses que non pagando as ditas des libras cada anno ao dito dia de Sam Martiño que o moordomo da dita universidade vos posa peñorar por elo sen pena alguna. Demais que non posades faser manda alguna a outra igleia porla dita casa salvo aa dita oniversidade. Outrosi que se quiserdes vender, deitar ou sopeñorar o dito soar de casa ou parte delo que primeiramente frontedes aa dita universidade con ela et lle la dedes por lo justo preço que vos outro por elo der, et nonno querendo por ese preço resçeber estonçe a vendede, deitade ou sopeñorade a atal pesona que seia semellavil de vos que faça e cunpra e pague e agoarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para vos anpararmos e defendermos a dereito enno dito tenpo con esto que vos aforamos obrigamos todos los beens da dita universidade gaañados e por gaañar. Et eu o dito Garçia Fernandes que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente et porla ditas voses asi reçebo de vos a dita oniversidade o dito soar de casa aforado, et para o alçar de parede e cobrir de madeira e de tella e o portar, para o manteer enno dito tenpo en boon revor obrigo to[dos]los beens meus e da dita miña moller e da ditas nosas voses gaañados e por gaañar. Posto foi e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto for ou pasar et o non conprir e agoardar que peite a outra parte que o conprir e agoardar quiser por nomme de pena e interese çen mrs. da dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento e as cousas en ela contiudas vallan e fiquen firmes no dito tenpo. Feita a carta en Ourense, des e nove dias dabril, anno do nasçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e çinco annos. Tests. que foron presentes Lourenço Peres aparellador vesiño d’Ourense e Johan Martines e Garçia Gonçalves e Pero Yanes de Ribela clerigos do coro da dita igleia d’Ourense e outros.

Iten en este dito dia e por estas tests. o dito Garçia Fernandes diso por min dito notario que dava por nihun o aforamento que lle ante deste fesera a dita oniversidade das ditas casas en seendo o dito soar casas et que renunçiava a el pois lle fasia este dito novo aforamento. Tests. os sobre ditos.

Et eu Vaasco Martines notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto que dito he presente foy et em miña presença o fis escrivyr et aqui meu nomme e meu signal fis en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)