GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

135
1433(?), febreiro, 7

Juan de Eiras dona á confraria de San Xulián de Pontevedra a metade dunha casa na Rúa da Zapatería a condición que sexan recibidos como confrades el e a sua nai, e que poidan habita-la casa mentres vivan.

(ff. 65-65 v e 64)

Sete dias do dito mes de fevereiro. Sabean todos que eu Juan d´Eyras, fillo ligitimo e herdeiro de Fernan d´Eyras, alfayate, morador ẽna villa de Pontevedra et de sua moller Elvira Garçia, que foy, cuja aha Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen resçebudo por engãno, mais de mĩa lybre et propia voontade, et por lo amor de Deus, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre bivos, aa confaria de San Giaao da dita villa et vigarios et procuradores et confrades dela, asi aos que aogra son como aos que foren desde aqui endeante da dita confraria, a mĩa metade da casa sotoo et sobradeo dezimo a Deus, que esta ẽna Rua da çapataria da dita villa, da fiigresia de Santa Maria a Grande, a qual casa se parte de longo por parede con outra casa de Juan Peres, notario da dita villa, da hũa parte, et da outra parte se parte por parede de longo con outra casa do moesteiro d´Aziveiro, que del ten aforada Afonso Peres, notario, et bay entestar pro penal de parede en outra casa que foy de Afonso Fernandes do Ribeiro, et sal con portas et fiestras aa dita rua da çapataria, et a qual dita metade da dita casa a mĩ perteesçe por herença da dita mĩa madre; et esta doaçon dou et faço asi aa dita confraria et vigarios et procuradores et confrades dela da dita metade da dita casa con sua pedra, tella, ferro, madeira et con seu alto et baixo et de ancho et de longo (roto) // suas entradas, perteensças et seydas, pousos, jures et agoas vertentes que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, con esta condiçon: que eu tẽna et use a dita meatade de casa, por la dita confraria et confrades dela por tempo de toda mia vida et mas non, et que de et renda et pague aa dita confraria et confrades dela, en cada ũu ano, en salvo sen desconto algũu, por lo dito tempo da dita mia bida, por trebuto et cargo da dita metade de casa, dez mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, et ao meu seymento deste mundo que a dita metade de casa fique livre et quita para todo senpre por jur de herdade aa dita confraria et vigarios et procuradores et confrades dela, sen meu enbargo et de mĩas vozes. Et demas por esto, que eu et a dita mia madre sejamos confrades da dita confraria et yrmãaos et quinoeiros en todas las misas et ben feitios que se en ela diseren et fezeren, et demais que os confrades da dita confraria que ajan a mĩ, o dito Juan d´Eiras por confrade dela, et que eu aja et gose de todas las liberdades et franquesas et bẽes da dia confraria asi como outro cualquer confrade dela; et por esto como dito he prometo et outorgo de non revocar nen anular esta dita doaçon que asi dou et faço aa dita confraria, nen vãa nen bena contra ela en juiso nen fora del por mĩ nen por outro en toda mĩa vida nen a tenpo de mĩa morte, nen procure que se revoque ante que a tẽna et conpla et agarde asi como dito he, aa boa fe de Deus et sen maao engãno, et por mĩ et por todos meus bẽes movles et rayses que a elo obligo, et por juramento que ende faço en este signal de crus en lugar de santos avangeus, et so pena de dous mill mrs. de boa moeda que outorgo de pagar de pena aa dita confraria et confrades dela seo asi non tever et conprir et contra elo vier, sobre lo qual renunçio et parto de mĩ todas las leis et foros et dereitos canonicos et çevis et usos et costumes de que me eu ou outro por mĩ pudieramos ajudar para contra esto que dito he viinr, que quero et outorgo que me non balla nen seja sobre elo oydo en juiso nen fora del. Et, a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Feita na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Et nos, Juan Afonso et Afonso da Louriña, çapateiros, procuradores da dita confraria, por nos et en nome dela et dos confrades dela, asi o resçebemos. Testemoyas que foron presentes, Martin das Donas, moordomo, et Juan de San Nicolao, clerigo, et Fernando Afonso de Bascoes, labrador, et outros. Et eu Juan Afonso, notario (roto) da villa de Pontevedra por la Iglesia de Santiago, a esto que dito he presente.

(esta escritura continúa no f. 64)