1335, decembro, 28. Lugo
O deán don Fernando Arias dóalle ao Cabido un casal en Santa María de
Vileiriz e reserva para si o usufruto mentres viva e págalles 25
marabedís anuais.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Fernan Aras, dayam da iglesia de
Lugo, dou et outorgo por iur d’erdade para senpre iamays a o
cabidoo da dita iglesia de Lugo et a os coengos d’aniversario,
o meu casal d’erdade do Prado Lama que he su signo de Santa
Marina de Villaheriz, et con suas dereyturas et pertenenças et
casas, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, con tal condiçon
que o dito cabidoo que me faça cada anno huna priçiçon
por dia de Santa Oufemea, que he enno mes de setenbre, et dous
aniversarios: hun por min en outro dia de Santa Oufemea, et outros
aniversario por meu padre et por mina madre no seguente dia d’este
depus dia de Santa Oufemea cada anno. Et eu o dito dayam en meus dias
que tena et pesuya et aia o huso froyto do dito casal, et de cada
anno por la dita priçiçon et aniversarios viinte et
çinquo moravedis por dia de Santa Oufemea, et despoys de meus
dias que fique o dito casal livre et quito et desenbargado a o
cabidoo sobredito con todos los boos paramentos que y foren feytos.
Et por que esto seia çerto meto por esta carta enno iur et na
propiedade do dito casal a Iohan Ferrnandes, raçoeyro da dita
iglesia, en nome do dayam et cabidoo cuio procura dor he, que o
reçeba por elles con aquellas condiçoes que ditas son.
Et nos, o cabidoo sobredito, et pessoas, archidiago et coengos del,
que estamos presentes por nos et por nosos succesores, prometemos de
faser cada anno a dita priçiçon et aniversarios enno
tenpo sobredito, et reçebemos esta doaçon que vos dayan
façedes a nos et a dita iglesia. Et por que esto seia çerto
nos, dayam et cabidoo sobreditos, rogamos et mandamos a Ruy
Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta
carta et posese en ella seu signal.
Que
foy feyta en Lugo enno thesouro da dita iglesia XXVIIIº dias de
deçenbre, era de mill et CCC LXXta
et tres annos. Testemoyas que foron presentes:
don Diego Ferrnades, archidiago de Neyra; don Alvar Dias, archidiago
de Sarria; don Pero Royz, arçidiago de Deçon; don
Gonçalvo Garçia, mestrescolla; don Pero Iacome, iuys;
Iohan Ferrnandes et Fernan Affonso, coengos da dita iglesia de Lugo;
don Aras Pellaes, thesoreyro da dita iglesia ts.