Sabbeam quantos esta carta viren
que presentes e outorgantes dom Vaasco Perez
deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar, Pero
Martinez capellan da capella que ordinou
Roy Diaz coengo que foy d’Ourense afforo a vos
Migueel Domingues da Fonte do Bispo e a
vossa moller Moor Martinez e a toda vossa voz
para senpre huun soar que a dita
capella a na rua da Fonte do Bispo, o qual soar
esta entre a casa da capella de Santa Maria a
Madre da huna parte e da outra a casa de donna
Elvira e en fondo fere na rua Nova e da outra parte
fere na rua por que van da Fonte do Bispo
para a cruz dos Ferreiros. Aforovos o dito soar
por tal condiçon que dedes cada anno ao
que tever a dita capella por dia de Sam Martiño viinte
e huun soldos da moeda blanca del rey dom
Fernando, e livre e quite de todo outro
enbarguo. Et se quiserdes vender o dito
soar ou vossa voz que o vendades ante ao que
tever a dita capella ca a outro polo justo preço,
e se o el assy non quiser reçeber que o
vendades ao cabidoo d’Ourense polo justo preço e se
o el assy non quiser reçeber enton o
vendede a atal ome que seia semellavil de vos que
cunpla e pague cada anno o dito foro em paz e en salvo
commo dito e. Et eu o dito Migueel Dominguez
por min e pola dita miña moller e por mina voz
obligo todos meus beens gaañados e por gaañar para
vos pagar cada anno o dito foro commo dito
he em paz e en salvo. Et eu o dito Pero Martinez
obligo todolos beens da dita capella para vos
anparar e defender senpre a dereito com o dito
soar. Et poserom entre sy pena que quen
quer das partes que contra esto passasse
e o non agoardasse que peitasse aa parte que
o agoardasse cem mor. da boa moeda. Et desto as ditas
partes pidirom a min Afonso Viviaez
chançeler senllas cartas partidas por .a.b.c.
Feita a carta em Ourense, trese dias de janeiro, era de
mill e trezentos e seseenta e dous annos.
Testimuyas que a esto presentes forom Johan
Rodrigues chantre, don Pero Rodriguez
arçidiago de Limya, don Berald’Afonso arçidiago de
Buval, Pero Afonso, Pero Afonso, Pay Ares
coengos d’Ourense.
Et eu
Affonso Viviaez coengo d’Ourense e
chanceler dessa cidade que a estas cousas presente
foy e en mia presença as fige escrivir e este meu
sinal y puge em testemunyo de verdade.