GMH/ÍNDICE A-Z

128
1433, xaneiro, 8

Juan de Mourente, clérigo de San Esteban de Canicoba, arrenda por catro anos a Pero Migueles, clérigo de Santa Marina de Bora, a metade da súa igrexa por renda de 380 mrs. anuais.

(f. 61 v)

Dia quinta feira, oyto dias do mes de janeiro. Sabean todos que eu Juan de Mourente, clerigo de a iglesia de Santo Estevoo de Canicouba, que soo presente, arrendo a bos Fernando Migelles, clerigo de Santa Maria de Bora, que sodes presente, a metade entregamente de toda a dita mĩa iglesia con a metade entregamente de todas las rendas de pan et viña et carne et premiças et outras quaes quer eclesiasticas dereituras aa dita metade da dita igllesia perteesçentes, et arrendo, como dito he, por tenpo deste dia de San Juan do mes de junio primeiro que ven deste dito ano ata quatro anos conpridos primeiros segintes, que son quatro novidades alçadas et levantadas, ẽnos quaes ditos quatro anos et en cada un deles devedes de dar a mĩ, por renda en salvo da dita metade da dita iglesia et suas dereituras et rendas que asi avedes de levar, tresentos et quarenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que montan ẽnos ditos quatro anos mill et quinentos et viinte mrs. da dita moeda, de que me logo asi destes et eu ja de vos resçeby tresentos mrs. de que me outorgo etc., et outros tresentos mrs. me devedes dar et pagar doje este dia ata dia de Pascoa de Resureiçon de Deus primeira que ven, et outros tresentos mrs. por dia de Natal da naçença de Deus, et os outros seiscentos et viinte mrs. acabados os tres anos primeiros; et mas devedes de pagar da dita metade da dita igresia (Re.?) et Roma, et seer padroes et susubir todos los outros encargos que foren enpostos aa dita metade da dita iglesia. Et eu, por esto, devo de clerigar toda a dita iglesia do

(falta o final desta escritura)