GMH/ÍNDICE A-Z

28
1433, maio, 16

Juan Fernandes Agulla, veciño de Pontevedra, vende a Rui Gonçalves, mariñeiro da vila, unha casa na Rua de Frumigeiro por precio de 1.000 maravedís.

(ff. 13-13 v)

VI dias do dito mes de mayo. Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, visiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes non costrengudo por força nen por enganno resçebido, mais de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Rui Gonçalves, mariñeiro, visiño da dita villa, que sodes presente et a bosa moller Tareija Lourença et a todas vosas vozes a mĩa casa, sotõo et sobrado, disimo a Deus, con sua orta et eixido que esta ẽna Rua do Frumigeiro da dita villa, figresia de Santa Maria a Grande. A qual dita casa se parte por costãa de parede con outra casa de Rui Martiis Touriño da hũa parte, et da outra parte se parte por parede con o eixido et casa que de min comprou Fernan Cerviño et vay entestar por outon de parede aa orta de Ynes Alvares, moller de Pero Ares d´Aldãa et sal con portas et fiestras aa dita Rua do Frumigueiro, et a qual a min perteesçe por parte et herança de meus padre et madre et avoos at por partiçon que fise con Afonso Gago Agulla, meu yrmãao, que pasou por ante este notario ajuso escripto, et por outra qualquer rason que me perteesca; et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta, eixido et arvores, con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas suas entradas et seydas, pousos, jures et agoas vertentes, perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber, por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros. Os quaes ditos mill maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en presença deste notario et ts., et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda exenxon que nunca ende diga o, contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non valla, et se mais val a dita casa con seu eixido et orta, que vos asi vendo, que esto que dito he, que me asi por ela dades, toda esa mayosia que mas bal vos dou et outorgo en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mais valer ontre bivos, et todo jur, senorio, posison, propiadade, voz, dereiro et auçon et question que eu et aver devo ẽna dita casa sotõo et sobrado con sua orta et eixido, de min et de todas mĩas vozes o tiro et tollo et en vos // o dito Ruy Gonçalves et vosa moller et vosas voses o ponno et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de senorio et posison corporal, et quero et outorgo que desde oje este dia endeante posades entrar et resçebir por bosa propia abtoridade esto que dito he que vos asi vendo, et faser delo et en elo vos et a dita bosa moller et vosas vozes toda a vosa livre voontade como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de todas mĩas vozes, et prometo et outorgo de bos defender et anparar con esto que dito he que vos vendo de todo embargo por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena do doblo de dita contia, que outorgo que vos peite por pena se o asi no tever, conprir et contra elo vier. Et a pena pagada ou no, esto como dito he, este senpre firme. Et eu o dito Rui Gonçalves, que soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi o resçebo. Feita ẽna dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Juan Fernandes do Frumigueiro, mercador, et Fernan Lopes, alfayate, visiños da dita villa de Pontevedra et Martiño, criado de min notario et outros.

Feita.