GMH/ÍNDICE A-Z

55
1433, agosto

María Peres, viúva de Gonçalvo Eanes Agulla, e o seu fillo Gonçalvo, moradores en Pontevedra, aforan a Gonçalvo de Loureiro, un casal na freguesía de San Pedro de Tomeza, por tempo de 19 anos. Foro: o tercio do viño e o cuarto do pan.

(f. 24)

Este dia. Sabean todos que eu Maria Peres, moller que foy de Gonçalvo Eanes Agulla, cuja alma Deus aja, et meu fillo Gonçalvo, que ouve do dito Gonçalvo Eanes, meu marido moradores que somos ẽna villa de Pontevedra, que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, aforamos et damos en aforo a vos Gonçalvo do Loureiro et a bosa moller Maior da Riba, que sodes presentes, et a vosa voz, todo o noso casal, casas, casares et chantados que nos avemos ẽna fiigresia de San pedro de Tomeça con mas huu pedaço de viña do dito casal que seja ata quinse cavaduras dela, et aforamos o dito casal con suas casas et herdades et plantados del et o dito pedaço da dita viña adonde vos la agora ao presente deremos partida con todas suas perteensças et direituras que lles perteesçen, por tenpo doje este dito dia ata dez et nove anos conpridos primeiros segintes, ẽnos quaes ditos dez et nove anos et en cada un deles devedes de lavrar toda las herdades do dito casal aquelas que foren a labor, et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo cubrir as casas do dito casal et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar ao fin do dito tempo con quanto perfeitio et boo paramento en elas for feito, et outrosi labrar o dito pedaço da dita viña de poda, cava et arrenda rodriga, et esterquarlas et murarla et valarla et requerirla de todos los outros lavores que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura, et do pan que Deus de nas ditas herdades do dito casal que vos labrades, devedes de faser dous montos: un tamaño como o outro et de hũu dos ditos montos devedes de dar a nos et a nosas vozes o quinto en salvo et do outro monton o quarto en salvo, pago ante a Deus de todo o disimo de consũu, et do viño que Deus der no dito pedaço de viña, devedenos de dar o terço del en salvo, mosto aa dorna, et pago eso mesmo ante o disimo a Deus, et mas nos devedes o quarto das castañas que collerdes, asi en cada un ano eno dito tenpo, et devedes de coller o dito pan et viño por nos ou por noso home, et proveer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever ao partir do dito pan et viño, et outrosi nos devedes de lavrar et dar lavrada tanta herdade en que caban em sementadura tres çeramis de lynaça e asi en cada un ano, como dito he. Et por esto nos os ditos Maria Peres et Gonçalvo meu fillo, que asi // somos presentes, et devemosvos de anparar et defender de todo señorio et trebuto et outra peyta que vos for posta ẽna dito casal, salvo que pagedes o pedido a el rey se vos lo poser, et eso mesmo o disimo aa igllesia segundo que he de custume et a alcavala se a feserdes, et con esto seerdes anparados con este dito aforamento de todo enbargo ẽno dito tenpo por nos et por todos nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so pena de mill maravedis de boa moeda que outorgamos de vos peytar por pena nos ou nosas vozes se o asi non tevermos et conpriremos et contra elo vieremos. Et nos, os ditos Gonçalvo do Loureiro et mĩa moller Dominga da Riba, que asi somos presentes asi resçebemos et outorgamos o sobredito aforamento como se en el conten, et prometemos et outorgamos de o teer et conprir et a guardar asi nos et nosas voses asi por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos, et so a dita pena que outorgamos de vos dar et pagar por pena en nome de interese, se o asi non conpriremos et teveremos et agarderemos, et a pena pagada ou non esto, como dito he, este firme en sua revor. Feita na dita villa de Pontevedra ano, dias, mes sobreditos. Ts. que foron presentes: Juan de Gonçales do Ribeiro, escripvan del rey, et Fernando, criado de min, notario, et Juan de Mouraços, criado da dita Maria Peres et outros.