(38V)
-135-
En Paaços, da freigresja de Sã Viçenço de Sespoõ454, oyto días do mes de / desenbro, ano4 dito de LVIJ. En presençia de mj, Áluar Peres, notario, e testigos, et çétera, estãdo455 / presente Áluaro d'Oallo, mayordomo, pareçeu y presente dõ abade de Sã Justo, frey / Lopo4 de Mõtouto, e diso que rrequiría e rrequireu ao dito mayordomo que o posese / ẽna posisiõ de hũu paaço tellado, que está ẽno dito lugar de Paaços, e ẽnas vj/nas que perteesçẽ ao dito paaço, que estã tras do dito paaço e ẽno dito lugar, por virtude de hũa carta de foro escripta en purgameo e signada456 que alý presentou, / que foy leýda por mj, dito notario, que leuou en seu poder para garda do seu dereyto. E logo / o dito mayordomo diso que el avía posto ẽno jur e posisiõ de dito paaço e / vjnas a Fernã Martíns d'Aaro grande tenpo avía, e que por ende4 agora nõ lo podía / quitar de súa posesiõ, saluo se viese por carta de juís. E logo o dito dõ / abade entrou ẽno dito paaço e deitou fóra del a Johán do Njne4 e a súa moller, / que en el morauã, e tomou en jur e posisiõ hũa poda e hũu fouçino / e hũa fouçe e tomou a chaue4 do dito paaço e çerrou a porta dele, e diso / que, por virtude da dita carta, toma[ua]457 e entraua o jur e posisiõ do dito paaço cõ / súas vjnas e perteẽsças para o mosteyro de Sã Justo e para el como4 abade del, / en quanto podía e de dereyto deuja. E logo tornou abryr as ditas portas e / tomou porlas maos aos ditos Johán de Njne4 e súa moller e os tornou ao dito / paaço e lles entregou a chaue e diso que os deixaua de súa mão que este/uesẽ ẽno dito paaço e vjnas por el e porlo dito monsteyro. E lles rrequireu / que nõ desẽ ao dito Ferrnã Martíns nẽ a outra persona4 rrenta nẽ terrádego nẽ outra / dereytura algũa do sobredito saluo a el e ao dito monsteyro, protestãdo de o cobrar / deles e de seus bẽes, et çétera. Pedeu testimoyo, et çétera. Testigos: Ares de Treytes e Pero Paas4 e / Vasco de Vialo e Fernãdo de Sauardes e Pero Mariño.
__________
4. Leva un trazo sobre a palabra.
454. O s está escrito sobre un ç.
455. O e está escrito sobre un p.
456. Unha mancha de tinta cobre a última sílaba; leva un trazo por riba da palabra.
457. Está escrito toma.