GMH/ÍNDICE A-Z

130

1419, outubro, 2.
Diante da protesta de moitos veciños de que a cantidade que se lles asigna para pagar no padrón de rendas non estaba conforme coa que lle correspondía acórdase facer novo padrón nomeando a varios veciños representantes de cada unha das colacións para que o fixesen.
O Concello ordena que dos maravedís que repartira García Pérez, cambiador, non pagara máis de 18 e que considerase fallo da colación de San Xoán Bautista, onde moraba.

Era sobredita, quinta feira, dous dias do mes de oytubre. Este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que han de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana, regidores jurados da dita çidade en presença de min o dito Ruy Martines, notario e das testemoyas adeante escritas, logo enton o dito conçello, alcalles, regidores sobreditos diseron que por quanto avia dias que non fora encanavada a dita çidade e algũus dos vesiños e moradores en ela se queixavan disendo que eran agraviados enna encanava e repartimento porque se collera a renda que fora repartida este anno enna dita çidade e os outros annos preçedentes por quanto //
(Fol. 68)
desian que estavan repartidos en mayores contias de maravedis dos que rasonabelemente devian de pagar ennas taes rendas quando se aconteçian de repartir e derramar enna dita çidade e os que estavan en bo repartimento que non consentian que se fesese outra encanava; por ende que eles considerando em como era proveyto comũu de todos los vesiños da dita çidade que se fesese nova encanava porque algũus non ouvesen rason de se queixar e porque a mayor parte do pobõo da dita çidade demandava e requiria que se fesese novamente a dita encanava e que nomeavan e nomearon logo por postores e encanavadores das colações da dita çidade a estas personas que aqui dira: primeiramente, por la colaçon de San Juan Boutista a Rui Martines, zibicheiro; e por la colaçon de San Juan Apostollo e Alonso Peres çapateiro e por la de San Bieyto Rui de Tolan  e por la de San Migell a Juan Abraldes e por la de Santa Maria do Camiño Fernan Varela e por la de San Fiins Gonçalvo de Millares e por la de Santa Maria Solame, Gonçalvo Pintor o Moço e por la de Santo Andre Juan de Viveiro e por la de Santa Susana Lopo de Çela e por la de San Froytoso Gonçalvo Poliño. As quaes personas asy nonbradas o dito conçello, alcalles e regidores diseron que mandavan e mandaron aas personas suso contiudas as quaes eran absentes que se ajuntasen en hũa e repartisen e encanavasen a todos los moradores enna dita çidade que estavan en uso de pagar ennas rendas e outros peytos que enna dita çidade se aconteçian de repartir e derramar en hũa renda que montase triinta mill maravedis, contando blanqua en tres dineiros e que lles mandavan que fesesen logo a dita encanava da sobredita contia por tal maneira, que estevese feita para se colleren e recabdaren por la dita encanava que asi avian de faser novamente as contias de maravedis que daqui endeante se ouvesen de derramar e repartir enna dita çidade a o respecto da dita contia ou dende arriba ou dende ajuso e que mandavan e mandaron a as sobreditas personas so pena de seseenta maravedis a cada ũu que pagasen por pena para reparamento dos muros do dito conçello que fesesen a dita encanava da sobredita contia o mais en breve que sẽer podese por que quando algũus maravedis se ouvesen de repartir enna dita çidade se recabdasen mais agina e se non detardase o recabdamento deles por mingoa da dita encanava. Esto fui enna dita çidade enno sobredito lugar dia, mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Alvaro Gil, Juan Bugeirete e Gonçalvo Abril e Fernan Gomes, canbeadores, e Gonçalvo Serpe vesiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcalles e regidores susoditos mandaron que dos triinta e sete maravedis, blanquas a tres dineiros, en que fora repartido Garçia Peres de Buño, canbeador enna renda que este anno fora repartida e encanavada e se collera e recabdara enna dita çidade que non pagase mais de des e oyto maravedis e os outro des e nove maravedis que quedavan para conprimento da copia en que asi fora repartido que mandavan e mandaron que se tornasen en fallas aa colaçon de San Juan Boutista onde agora morava o dito Garçia Peres e que el non fose obligado de pagar mais dos ditos des e oyto maravedis nen fose peñorado por elo. Testemoyas os sobreditos.