GMH/ÍNDICE A-Z

33

1417, marzo, 22.
O Concello acorda conceder 2.000 maravedís a Diego López de Toledo polas súas moitas axudas e obras buenas a prol da cidade e dos seus habitantes.
O Concello ordena se tome en conta ó procurador Gil Pérez, os 40 maravedís que gastou na ida a Padrón, a entregar ó arcebispo a querela de Gonzalo Rodríguez del Regno, do custo da pensión e carta que enviaran ó prelado.

Lũus viinte et dous dias do mes de março. Sabean todos que seendo o conçello, regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade por crida de anafil segundo que han de costume, presentes enno dito conçello Pero Yanes Abraldes et Fernand Ares Xarpa, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate et Juan Ares da Cana et con eles Vaasco Fernandes Troquo, Gonçalvo de Covas, Juan Raposo, canbeador et Juan Ares do Vilar regidores et vẽedores dos feitos do dito conçello et en presença de min Fernan Yanes, notario publico da çidade de Santiago jurado et das testemoyas adeante escriptas, logo enton o dito conçello justiças et regidores et vẽedores diseron que por quanto eles avian reçebido et reçebian de cada dia moytas ajudas et obras boas de Diego Lopes de Toledo, asi ennos repartimentos que se repartian a o dito conçello et seus homes lavradores como ennas outras cousas que conprian a o prol comũu da dita çidade et aos moradores dela, por ende que mandavan //  
(Fol. 16)
et mandaron a Gil Peres, que estava presente et a Bernald Yanes do Camino que era absente, procuradores do dito conçello que desen et pagasen a o dito Diego Lopes ou a quen os por el ouvese de aver dos mill maravedis, branca en tres dineiros cada hũu a meadade et tomasen carta de pago do dito Viego Lopes ou de aquel que os por el ouvese de aver et con ela et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta os ditos dous mill maravedis. Testemoyas Fernan Rodriges, Vaasco Peres Abril, Juan Garçia de Maçarelas, Juan da Caña, visiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello, regidores et vẽedores, mandaron que fosse reçebido en conta a Gil Perez, procurador do dito conçello, os quoreenta maravedis, blanca en tres dineiros que gastara enna yda que fora a Padron a noso señor o arçobispo con a querela que fora dada de Gonçalvo Rodriges de Regno et da custa da pençon et carta que sobre elo enbiaran a o dito señor o arçobispo. Testemoyas os sobreditos.