GMH/ÍNDICE A-Z

75

1418, marzo, 29.
O Concello ordena que se pague os 1.200 maravedís do xantar do Adiantado de Galicia, a Nuño González de Vilariño, escudeiro de García Fernández Sarmiento.
O Concello ordena ó procurador o mesmo, entregue ó mordomo da cidade, Juan Pica, 40 maravedís para a súa despensa, para que vaia a terra de Rui Sánchez de Moscoso e xunto co mordomo deste fagan pescudas sobre o repartimento sobre os labregos que vivían nas ditas terras e eran veciños de Santiago.

Martes viinte et nove dias do mes de março este dito seendo juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario da çidade de Santiago, Juan Ares da Cana alcalle da dita cidade et Fernan Gonçales do Preguntoiro et Afonso Fernandes Abril, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min o dito notario et das testemoyas adeante escritas, logo enton, o dito alcalle, et regidores sobreditos diseron que por quanto noso señor el Rey avia de aver en cada hũu anno do conçello da dita çidade de seisçentos moravedis de moeda vella por los quaes mandava pagar mill et dusentos moravedis de moeda branqua a rason de quatro branquas por moravedi, os quaes ditos moravedis tĩinan por merçed en cada hũu anno do dito señor rey, Garçia Fernandes Xarmento, Endeantado Mayor de Galiza o qual dito Endeantado dera en prestamo en cada ũu anno os ditos moravedis que o dito conçello lle avia de dar por rason do dito jantar a Nuno Gonçales de Vilariño, seu escudeiro en quanto fose sua voontade segundo fora mostrado por carta do dito Endeantado et que agora lles fora dito por algũos vesiños da dita çidade que o dito Nuno Gonçales peñorara enno Ribeiro da Avia a algũas personas moradores enna dita çidade por rason dos ditos moravedis que asi avia de aver este dito anno. Por ende diseron os sobreditos que mandavan et mandaron a Pero Leiteiro, procurador do dito conçello que presente estava que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdara ou avia de recabdar este dito anno que desen ende a Afonso de Vilamayor mercador, vesiño da dita çidade os ditos moravedis do dito jantar que montavan septecentos et viinte moravedis, contando branqua a tres dineiros que o dito conçello devia et avia de pagar por rason do dito jantar este dito anno segundo dito he et que lle mandavan et mandaron que quando lle dese os ditos moravedis que tomase del obligaçon para que trouxese carta de pago do dito Nuno Gonçales ou de aquel que en nome do dito Endeantado o ouvese de aver por maneira que o dito conçello fose delo quito. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Eanes Abraldes et Ares Chantreiro, vesiños da dita et Martin das Figueiras, bachiller en Decretos et outros.
Predito.- O dito alcalle et regidores sobreditos mandaron ao dito Pero Leiteiro, procurador, que dese a Juan Piqua, moordomo da dita çidade quoreenta moravedis, branqua a tres dineiros, que mandavan dar para sua despensa por yr a terra de Ruy Sanches de Moscoso a sacar pesquisa en hũu //
(Fol. 39)
con o moordomo do dito Rui Sanches sobre rason dos labradores que algũos vesiños do dito conçello tĩinan en terra do dito Rui Sanches aos quaes mandara repartir çertos moravedis a cada hũu por rason do pedido de noso señor el rey que fora repartido en sua terra çertos annos pasados et espeçialmente o anno que pasou de mill et quatroçentos et onse annos et que mandavan et mandaron que fosen reçebidos en conta et en pago a o dito Pero Leiteiro todos estes moravedis, que lle asi mandavan pagar segundo suso fas mençon. Testemoyas os sobreditos.