GMH/ÍNDICE A-Z

188

abril, 10

García do Río alega non ter realizado as execucións polos impagos nos coutos do bispo por se atopar enfermo, e remite ao seu compañeiro Lopo de Santa Ouxea ou ao meiriño dos coutos. (fol. 60v)

Garçia Martines do Rio.

Et despois desto, enna dita çidade d’Ourense, X dias do mes de abril, o dito Garçia do Rio diso que en respondendo ao dito testemunyo contra el tomado porlos ditos moradores dos ditos coutos, diso que el que estava fraco e doente et que non podia en por sy prendar nen faser as ditas exsepcuçoens nen faser en elo cousa alguna por rason das ditas doente que tiña et que requerisen a seu conpañeiro Lopo de Santa Ougea ou ao meyriño dos coutos do bispo para que lles faça as ditas deligençias et exsepcuçoens e lles faça pagar os ditos mrs. ou ao lugar tenente do bispo d’Ourense, que he señor sobre elles et que el dandolle deus soude e podendose levantar para o faser que era prestes de o faser e que esto lles dava por resposta, negando suas estimaçoens etç. Tests. Pero Lourenço de Piñor et Gonçalvo Martines de Noalla, Afonso escripvan.