195
abril, 12
Afonso García, recadador da alcabala do viño, outorga carta de pagamento a Roi Vázquez pola fieldade do viño da cidade deste ano. (fol. 62v)
Rodrigo Vasques.
Anno sobre dito, dose dias do mes de abril, Afonso Garçia colledor e recadador da alcavala dos viños da çidade d’Ourense este dito anno, outorgou carta de pago e se deu por pago de Roy Vaasques, vesiño d’Ourense, de todos e de quaes quer mrs. que o dito Roy Vasques colleu et recadou da fieldade dos viños desta dita çidade deste dito anno, et deuse por pago de todo elo et deuo por livre et quite et deu por nenhuuns todos e quaes quer testemunyos e requerementos que sobre elo lle fesera avya feitos et que non valuesen en juiso nen fora del. Tests. Alvaro Afonso da Fonteyna rejedor et Afonso de Meende e Afonso Vasques de Vaamonde. ( fol. 62v)