GMH/ÍNDICE A-Z

44

xaneiro, 16

Domingo, ferreiro, requirido por Afonso de Betanzos para dar conta da fieldade da alcabala da ferrería, alega que non recibiu nada, e a continuación declara os obxectos que lle ficaran do pasado ano. (fol. 13v)

A XVI dias de janeiro, en Ourense, enna Rua dos Çapateiros, ante as portas de morada de Afonso de Betanços, Domingo Ferreiro diso que por rason que el fora fiel da alcavala da alcavala da ferreria e fora requerido por lo dito Afonso de Betanços que lle dese conta e pago da dita fieldade e por ende que el que desia que non fora mais de dous ou tres dias fiel e que non reçebeu cousa nenhuna da dita fieldade, con juramento que fasia en hun crus en que poso sua maao e que esto lle dava por conta etç. Tests. Afonso de Salva Terra et Alvaro Afonso criado de Loys Gonçalves.
Et lle deu por conta o ferro que lle ficara do outro anno, huna arrova de ferro et dez libras de açeyro et dez ferraduras et dous machados e duas fouçes.