GMH/ÍNDICE A-Z

E2-4
1435, marzo, 25
Os carniceiros Xoán Teixeira e Gómez Roxes entregan ao Concello corenta e un coiros salgados e cincuenta ducias de peles de cabritas que se lle deben ao bispo. (fols. 2v-3)

Entrega da merqadoría dos carniçeiros.

E despois desto, enna dita çidade d’Ourense, viinte et çinqo dias do dito mes de março, Joan Teixeira et Gomes Roges carniçeiros entregaron Afonsso Anriques et a Pero Fernandes juises et Afonso Ares procurador do conçello por los mrs. que (lles)* devian a noso señor obispo e ao mestre escola, XLI coyros salga-dos que sian en huna pyla en casa de Tareija Lopes e que diseron que eran os ditos
XLI coyros, et mays entregaron en casa do dito Gomes Roges çinqoeenta dusias de
(fol. 2v)

pelicas de cabyrtas que diseron que eran, et os ditos juises asy diseron que reçebyan a dita merqadoría para o dito señor obispo etç. Tests. que foron presentes Rodrigo escripvan et Gonçalvo Rañooa, Joan Fernandes carniçeiro.