Sentenza pola que o notario Nuno Patiño e Gómez do
Pereiro, fieis do pescado, aos que Diego de Córdoba reclama 5000 mrs.,
deberán pagar a este os 2000 mrs. que eles recoñecen que deben. (fol. 5)
Gomes do Pereiro.
En este día e ora e por estas tests. Afonso Anriques e mestre Fernando, juises d’Ourense, mandaron por sentença a Nuno Patino notario e a Gomes do Pereiro (fie)*, asy como fiees do pescado, que por rason que em elles fora librado huun libramento de (çertos)* contía de V M.- de brancas a Diego de Cordova, et os ditos fiees desian que non abian en elles nen o açeptavan, senon os II M.- de brancas, e os outros que non eran tiundos deos pagar, por ende diseron que mandavan por sentença aos ditos Nuno Patiño e Gomes do Pereiro que doje a VI dias pagasen os ditos II M.- de bancas ao dito Diego de Cordova, e senon que se fese se o remate do viño que avyan entrego por los ditos.- et os ditos Nuno Patino e Gomes do Pereiro diseron que consentian enno dito mandamento, con protestaçon (de n)* que fasian que non açeptavan os mays.- do dito libramento nen fosen tiundos de os pagar, elles nen seus bens. Tests. (os sobre)* Afonso de Betanços, Afonso Fernandes, Alvaro Çide notarios, Rodrigo Yanes çapateiro. (fol. 5)