GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

481
1395, febreiro, 24
foro

Pedro Iáñez, clérigo do coro e tenente da capela de Fungoso, afóralles a tres voces a Xoán Lourenzo, labrador, e á súa muller, Maior González, unha viña nos Conchousos por terza.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, I, 6; idem, 50

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense teedor que soon da suçison que ordenou Roy Peres o Fungoso que foy, por liçençia e autoridade que me para esto da dom Gil Rodrigues de Soutelo mestrescola enna igleia d’Ourense, vigario geeral do onrrado padre e señor dom Iohan por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que está presente, dou e outorgo a foro a vos Iohan Lourenço lavrador morador en Ourense na rua do Pumar que sodes presente et a vosa moller Moor Gonçalves que non he presente et a tres voses apus morte do pustromeyro de vos asi que o pustromeiro de vos anbos en sua vida ou a tenpo de seu fignamento nomee a primeira vos e a primeira nomee a segunda vos et a segunda nomee a terçeyra vos et asy vaan as ditas vosas vozes huna pus outra suçesive, et non seendo nomeadas que enton seia voz aquel ou aquela que \herdar/ os outros vosos beens de dereito, conven a saber huna leira de viña que a dita suçison ha et lle perteesçe en termio d’Ourense hu chaman os Conchousos, a qual demarca dun cabo con outra viña que he da dita suçison que eu o dito Pero Anes lavro et do outro cabo demarca con outra viña que ora lavra Johan Fernandes capelan da Triidade et en fondo fere en outra viña que eu o dito Pero Anes lavro que he da dita suçison et en çima topa na congosta que vay da fonte do Boo Nomme para as viñas do Carvallo, a qual viña trocou Martin Anes de Gordon con Gonçalvo Anes coengo teendor que foy da dita suçison por outra viña que o dito Martyn Anes ten en Bouça de Ramiro que foy da dita suçison. Aforovos a dita leyra de viña segundo que esta demarcada con todas suas entradas e seidas et con todos seus dereitos e perteeças por onde quer que as aja e deva aver de dereito por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira que non desfalezca por mingoa de lavor et de boon paramento, et dedes ende a min e a meus suçesores que porlo tenpo foren teedores da dita suçison en cada hun anno a terça parte do viño e conposta que deus der na dita viña, a conposta na viña e o viño no lagar, a qual novidade que deus der na dita viña colleredes por min ou por meu ome ou dos teedores que porlo tenpo foren da dita suçison, ao qual proveeredes de comer et de beber cumunalmente segundo custume da terra en quanto a dita novidade collerdes, et do al que ajades a dita viña e froytos dela livre e quita de todo outro enbargo e encarrego alguun pagando o dizemo a deus. Et se por la ventura vos ou vosa vos quiserdes vender, deytar ou sopeñorar ou enallear a dita leyra de viña que primeiramente frontedes con ela a min o dito Pero Anes ou aos teedores que porlo tenpo foren da dita suçisom et nos la dedes por lo justo preço que vos outre por ela der, et non a querendo nos por ese preço reçeber estonçe a vendede, deitade ou supeñorade ou enalleade a semellavel pesona de vos que lavre e pare ben a dita leira de viña e page o dito foro de terça en cada hun anno segundo vos sodes tiudo et obligado. Et para vos o dito Iohan Lourenço e vosa moller et as ditas vosas voses seerdes anparados e defesos a dereito no dito tenpo con a dita leyra de viña que vos dou a foro commo dito he obligo a elo os beens da dita suçison gaañados e por gaañar. Et eu o dito Iohan Lourenço que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente et por las ditas nosas vozes asi reçebo de vos o dito Pero Anes a dita leyra de viña aforada porla maneira e condiçoens que ditas son et para a lavrar et parar ben et pagar o dito foro en cada huun anno e conprir et agoardar as condiçoes desta carta et cada huna delas obligo a elo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et he posto entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir et agoardar que peyte aa outra parte que o conprir et agoardar quiser por nomme de pena e interese çen mor. de diñeiros brancos et aa vos del rey outros tantos et a dita pena e interese pagada ou non este contrapto et as cousas en el contiudas fiquen firmes e vallan no dito tenpo. Et eu o dito meestrescola e vigario sobre dito por quanto sey e soon çerto que o dito aforamento que o dito Pero Anes faz da dita leyra de viña ao dito Iohan Lourenço por juramento que sobre elo reçeby do dito Pero Anes aos santos avangios + da dita dita suçeson, por ende porlo poder ordenario de vicaria que teño entrepoño degredo ao dito aforamento et mando que valla e aja firmydue por lo dito tenpo segundo e enna maneira que he feito et dou poder ao dito Pero Anes que o faça segundo que o fas. Feita a carta en Ourense, viinte e quatro dias do mes de fevereiro, anno do naçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e çinqo annos. Testimunyas que a esto presentes foron Roy Gonçalves clerigo do coro da igleia d’Ourense, Nuno d’Ermyde, Afonso de Monforte, Afonso de Loureiro omes do dito meestrescola e outros.

Et eu Gonçalvo Fernandes notario publico de’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar a esto presente foy con as ditas tests. e o escripvy e aqui meu nomme e meu signal fiz en testimunyo de verdade que he tal. E non enpeesca onde vay sobre raydo onde diz ‘da dita sucison’ que eu notario o escripvy + he prol e boon paramento.

(sinal)

Gonçalvo Fernandes notario

[reverso] Carta da Bouça de Ramyro.