GMH/ÍNDICE A-Z

D200
1459, maio, 21
Sinálase prazo ás confrarías de San Miguel e de Santa Eufemia para que proben a cal delas pertence o oficio de Xil Iáñez. (fol. 61)

As confrarias de San Migueel et de Santa Oufemea.

En este dia e ora e por estes tests. mandaron por sua sentença ynterlocutoria que doje a IX dias primeiros segentes provasen os moordomos de San Migueel como (a)* ofiçio de Gil Yanes era e perteesçia a dita confraria et a Gonçalvo Vasques e Pero Ares e aos outros moordomos ausentes et presentes et Afonso Peres e Rodrigo Cadrado et Garçia çapateiro presentes et aos outros moordomos de Santa Oufemea provasen ao dito termino como a dita confraria anda con elles, et qual quer provança que fesesen que elles averian a fasian aquello que con dereito devesen. Tests. os sobre ditos.