GMH/ÍNDICE A-Z

65

1304... Vilamaior-Mondoñedo.
Concordia realizada entre o Cabido de Mondoñedo, dunha parte, e Xoán Domínguez, da outra, sobre as casas da rúa dos Ferreiros que pertenceran ó cóengo Xoán Paes e as da rúa de Batitalas. O Cabido quedou coas casas de ámbalas rúas e deulle á outra parte outra casa da rúa dos Ferreiros e unha herdade situada en Subcastro.
A, perg., partido por A.B.C., que conserva os cordóns dos que penderon os selos do bispo e do Cabido, de 225 x 370 mm. Letra gótica cursiva.

Era de mill et ccc et quarenta et dous annos. Conesçuda cousa seia commo pleyto fosse entre dom Andre Dias dayan et o cabidoo de Mendonnedo da huna parte et Johan Domingues dito Engres heree / de Pedro Peres raçoeyro que foy de Mendonnedo por si et por Affonsso Peres heree deste Pedro Peres cuio procurador he et Dominga Peres criada que foy do dito Pedro Peres da outra parte sobre rason das / casas da rua dos Ferreyros que foron de Johan Paes do Çeleyro coengo que foy que o dito cabidoo dera en canbio ao dito Pedro Peres por outra casa con seu saydo que esta enna rua de Bati/talas. Et o dito dayan et cabidoo demandauan en juyso estas ditas casas que foron do dito Johan Paes aos ditos Juhan Engres et Affonsso Peres et Dominga Peres por rason que disian que / a eglesia era mal engannada que este canbio non deuya a ualer de dereyto por esta rason et por outras muytas que o cabidoo daua en suas rasoes. Et o dito Juhan Dominguez dise que a /eglesia non era engannada et o canbio que fora feyto assy commo deuya et que deuya a ualer de dereyto. Et estas partes andando assy en juyso et dadas muytas rasoes da huna parte / et da outra por amor de pas et por quitamento d-enxeco et de juyso et porque entenderon que era prol de sua eglesia feseron tal conposiçon entre sy por senpre ualedeyro que o dito cabi/doo aia en pas por senpre et liuremente as ditas casas da rua dos Ferreiros con suas carregas se as ha et aia a dita casa da rua de Batitalas con seu saydo et con suas perteenças / que o dito Pedro Peres dera en canbio por las ditas casas da rua dos Ferreiros por senpre asy commo sua cousa propia. Et os ditos dayan et cabidoo deron pera senpre por iur d-herdade aos / ditos Juan Domingues et Dominga Peres et a suas uoses aquella casa con seu saydo et perteenças que esta enna rua dos Ferreiros quita de toda carrega salue de soldariça a qual casa esta mesta / con lo forno de Maria Paes de Bretonna et commo se departe da outra parte das casas de María Sabre(?) et commo se departe por lo muro da torre et uen ferir enna rua publica et de/ronlle damays os ditos dayan et cabidoo hun seu agro do dito cabidoo que ias Sub-Castro, commo se departe por los marcos que meteu / o dayan et o meestrescola entre este agro et o outro agro do dito cabidoo et de Domingo Boo et commo se departe ençima por la orta do dito Juhan Engres et enna testada de fondo commo / se departe da herdade que foy de Pedro Serodoo. Et esta casa con suas perteenças et este agro sobredito lles deron por senpre por iur d-herdade aos ditos Johan Domingues et Dominga / Peres et a suas uoses. Et o dito Juhan Domingues obligousse a faser de pas esta conposiçom por lo dito Affonsso Peres que non ueesse contra ella et esta auinença et conposiçonm feseron / estas partes de sou plaser et con outorgamento de sou sennor obispo don Rodrigo por ante quen andauan en juyso sobre este pleyto. Et commo esta auinença et conposiçom foy feyta o / dito sennor obispo don Rodrigo dayan et cabidoo outorgaronna et loaronna et outro tal feseron os ditos Juhan Domingues et Dominga Peres. Et o bispo sobredito dayan et cabidoo et Juhan Domingues / et Dominga Peres rogaron a min Affonsso Esteuees coengo et notario publico da eglesia de Mendonnedo que fesesse entre elles duas cartas desta auinença et conposiçom partidas por A.B.C. et / desse huna delas aos ditos dayan et cabidoo et outra aos ditos Juhan Domingues et Dominga Peres et posesse en ellas meu signal en testemoyo de uerdade et a mayor firmidume / nos obispo dom Rodrigo et cabidoo sobreditos posemos en ella nossos seellos pendentes. Testemoyas dom Andre Dias dayan dom Fernan Fernandes archidiago de Trasancos dom / Martin Paes meestrescola Roy Lopes thesoureyro Ruy Peres Diego Fernandes Martin Peres Abril Peres coengos de Mendonnedo et outros muytos.
Et eu notario sobredito a todo esto presente fuy et a rogo das partes estas cartas in mina preença fige scriuir et por mina mao propia in ella sobscriuo et confirmo. (Signo).

(Reverso):
M. iii, nº 48. Carta que dexaron a Cabildo enna rua dos Ferreiros con vna outra na rua de Batitalas. D. nº. 53. B. 38.