Fernan Gonçales d´Ay, morador en San Lourenço de Nogueira, como tutor de Pedro, Juan e Maria, declara ter recibido de Teresa Rodrigues, nai dos menores, boa conta dos bens que lles correspondían por herdanza do seu pai Ares Fernandes d´Ay, difunto.
(ff. 46-46 v)
O postromeiro dia do dito mes. Sabean todos que eu Fernan Gonçales d´Ay, morador ẽna fiigresia de San Lourenço de Nogueira, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de Pedro et Johan et Maria, fillos de Ares Fernandes d´Ay et da sua moller que enton era Tereija Rodrigues, de que soo tutor deles et de seus bẽes por carta de tutela dada por Afonso Gonçales, juis da villa de Caldas de Rex, por mĩ et en nome deles, outorgo et conosco que reçeby de vos a dita Tareija Rodrigues boa conta, çerta, leal et verdadeira, por grãado et por miudo, de todos los bẽes movles que foron et ficaron do dito Ares Fernandes et que aos ditos menores perteesçen por sua herança en qualquer maneira et por qualquer rason, et de todo elo me contentastes et pagastes, et foi contado et somado ontre mĩ et vos por inventario solene que vos, a dita Tareija Rodrigues, fezestes por Gonçalvo Fernandes, notario de Nogueira; et de todo me outorgo por entrego et pago a toda mĩa vontade en nome dos ditos menores, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio a ley de non numerata pecunia et a toda outra enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non balla, et por ende, desde aqui endeante, en nome dos ditos menores de que asi soo tutor, quito et anuçio et dou por quita et livre a vos a dita Tareija Rodrigues et a voso marido que agora he Rui da Margarida et a todos bosos bẽes et seus de todos los bẽes // movles que aos ditos menores de que soo tutor asi perteesçen por herança do dito seu padre, et prometo et outorgo de vos non biir nen pasar contra esta dita nuçon et carta de pago que vos asi dou a boa fe et sen mao engano, et por mi et por meus bees que para elo obligo so pena de mill mrs. que vos peite etc. Et a pena etc.; todavia etc. Et eu, a dita Tareija Rodrigues et Rui da Margarida, meu marido, que somos presentes, asi o resçebemos. Testemoyas: Afonso Peres, Afonso Sanches, Juan carpenteiro et Alvaro de Pẽnafrol et outros.
Feita.