GMH/ÍNDICE A-Z

239
1328, xaneiro, 13
Maior Eanes véndelles a Xoán Martíns e á súa muller a metade das súas propiedades en Suyllay e Milleirós por 50 libras.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/19, perg. orix., galego, gótica cursiva, 267x121 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Mayor Eanes, filla de Iohan Peres et de Dominga Iohanes, que foron moradores en Lugo, de bom curaçon et de boa voontade vendo para senpre a vos Iohan Martines, correeyro, dito Maçaas, et a vossa muller Mayor Peres et a vossa voc, a meatade de todo ho herdamento et voç que eu Mayor Eanes et meu yrmao frey Fernan Eanes, da ordem dos preygadores, avemos et devemos aaver en Suyllay et en Milleyros, et en todos seus termynos de conpras et de gaanças, et de patrimonio con suas cassas et formaes, et arvores et chantados et con todas suas pertenenças et dereyturas, a montes peru quer que vaa, sub signos de Santiago de Meylay et de San Lourenço d’Alveyros, sacado ende o meu quinon da leira que ias tra-llo castro, que comprey a Affonso Amarello et a sua muller. Et reçebo de vos en preço por esta vençon çinquaenta libras desta moneda del rey don Fernando, a viinte et sete dineiros mynos terça du por cada libra, de que soo bem pagada et entrega, et obligo por min et por todos meus bees, mobelles et reys, de vos façer senpre esta vençon de pas a todo tenpo assy do dito meu hirmao commo d’outren quenquer que a enbargasse, et espiçialmente vo-lla obligo a façer de pas por todo o meu quinon et dereito que eu aio et devo aaver ena cassa et cortina et poonbar que foron do meu padre, Iohan Peres et de Dominga Iohanes mina nana, na qual cassa eu ora moro, a qual casa esta entre a cassa da Correga da una parte, et da outra parte esta a casa en que mora Mayor Ferrnandes, que se parte con esta cassa iadita. Et esta cassa et cortina et poonbar vos obligo en tal maneira que eu nen outren por min que a non possa vender ne supynorar nen façer dellas nenhuna coussa ata que vos faça esta vençon sobredita de pas, et mado que o espiçial non enbargue o geeral, nen o geeral o espiçial. Et dessoie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vossa voç pus vos todo meu poderio et senorio ende seia sacada et removudo et metudo nos vossos.

Feyta a carta da vençon XV dias de ianeyro, era de mill et CCC LXVI annos.

Testemoyas: Affonso Merchan; Martin Eanes, correeyro; Domingo Eanes, mercador, morador na rua Minaa; Ruy Pellaes, correeyro de Pallares, et outros ts. Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, a esta vençon foy pressente et esta carta escrivi et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).