GMH/ÍNDICE A-Z

286
1347, marzo, 8
venda

Frei Francisco, gardián do mosteiro de San Francisco de Monterrei, e a súa irmá Eufemia Rodríguez véndenlles a Pedro Domínguez dos Brancos, mercador, e á súa muller, Dominga Iáñez, unha viña en Bouza de Ramiro, foreira de sexta, por 90 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, 42

Enno nomme de deus amen. Sabbeam quantos esta carta viren que eu frey Françisco goardiam do moesteiro de Sam Françisco de Monterrey, fillo de Ruy Peres e de Oufemea Martines que foron moradores en Ourense, por mandado e outoridade de frey Lopo vigario do convento do moesteiro de San Françisco d’Ourense que he presente e outorgante, et eu Oufemea Rodrigues irmaa do dito frey Françisco e filla dos ditos Rui Peres e Oufemea Martines por nos e por toda nosa vos vendemos e logo por esta presente carta entregamos a vos Pero Domingues dos Brancos mercador d’Ourense e a vosa moller Dominga Anes e a toda vosa vos para senpre huna leyra de viña que ias en termio d’Ourense hu chaman Bouça de Ramyro ontre a viña de Maria Thome da huna parte e a viña de Pero Grego da outra et en fondo fere no rigueiro et en çima entesta en outra vina de vos o dito Pero Domingues, a qual viña vos ia agora tiinades arrendada da dita nosa madre et pola qual vos ia avyades daver cada anno para senpre dous puçaas de viño. Vendemos vos a dita leyra de viña con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças asy que vos e toda vosa vos que façades dela daqui endeante toda vosa voontade livremente e o que vos aprouver e façades dela foro de sesta ao señorio e disimo a deus, et a vos dos ditos dous puçaas que por ela avedes daver, et livre e quite de todo outro enbargo. Ca outorgamos que reçebemos de vos ben e conpridamente todo o preço que a nos e a vos aprouvo de nos por elo dardes. Conven a saber noveenta libras de diñeiros brancos desta moeda de noso señor el rey dom Afonso de que contan qoreenta par de diñeiros por tres libras. A qual venda do dito meu quiñon da dita viña eu a dita Oufemea Rodrigues faço para ajuda de pagar ao dito frey Françisco meu irmao o que lle ouve a dar por rasom da aviinça que con el fige sobre feito dos herdamentos e beens que foron da dita nosa madre e do dereito que el en eles avia. Et logo todo jur, señorio, posison, propiadade, vos e auçon e dereito que nos avemos e nos perteençe na dita leyra de viña que vos vendemos, todo o tollemos de nos e de toda nosa vos e de cada huun de nos et poñemolo en vos o dito Pero Dominguez e na dita vosa moller et en toda vosa vos para senpre, et por esta presente carta vos metemos en corporal posison dela. Et de mays prometemos e outorgamos aa boa fe que nunca por rasom desta dita venda por nos nen por outre nos posamos chamar denganno en ninhuun tenpo nen en ninhuna maneira. Et obligamos a vos todos nosos beens e os beens que foron dos ditos Ruy Peres e Oufemea Martines para vos \e/ vosa vos seerdes anparados e defesos senpre a dereito con esto que vos vendemos. Et quen quer da nosa parte ou da estranya que vos contra esta venda que vos nos fasemos veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a nosa maldiçon et peyte aa vos del rey por nome de pena çinqoeenta mrs. da boa moeda et a vos ou a vosa vos outros tantos, et a dita pena pagada ou non esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta no + Ourense, oyto dias de março, era de mill e tresentos e oyteenta e çinqo annos. Testemonyas que foron presentes frey Johanne Anes e frey Johan Ares e frey Johan Lourenço frades do dito moesteiro de San Françisco e Paulos Anes e Afonso Patayño moradores en Ourense + moesteiro de San Françisco de.

Et eu Gonçalvo Peres notario publico da çidade d’Ourense polla igleia dese lugar que a esto presente foy e esta carta em myna presença fis escrivyr por quanto agora non ha chançeler na dita çidade e meu nomme e signal y puge que tal he.

(sinal)

Custou dous mrs. E as vendas que eu paguey que foron xx mrs.

[reverso] Carta da viña de Bouça Ramiro.