GMH/ÍNDICE A-Z

56
1306, marzo, 25
venda

Xoán Martínez, clérigo do coro, véndelle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, unha viña en Seixalbo, no lugar de Porteiro, foreira de cuarta ao bispo, por 1000 mrs. de brancas, equivalentes a 1200 da moeda portuguesa en uso.



ACOu, Bispo, 105


En nome de deus amen. Sabyam quantos esta carta viren que eu Johan Martinez clerigo do coro d’Ourensse e neto de dona Elvira, moller que foy de Fernan Dominguez da rua do Pumar, vendo a vos meestre Johan coengo d’Ourense morador en esta rua e a toda vossa voz por senpre huna leyra de viña que eu ey en termio de Seyxalvo no lugar que chaman Porteiro, que me ficou de boas da dita dona Elvira myna avoa. Et iaz esta leyra entre o camyno publico e a leyra da egleia de Seyxalvo da huna parte e da outra a leyra do cabidoo d’Ourense e a que foy de dona Luzia, e ençima entesta na seara do dito cabidoo e en fondo fer no dito rigueyro. Vendo vola dita leyra con foro de quarta ao bispo d’Ourense e livre de todo enbargo outro, con entradas e seydas e con todas suas perteenças ben e conpridamente, que vos e toda vossa voz a aiades e possuyades des aqui endeante en iur derdade por senpre e façades dela toda vossa voontade livremente, ca me outorgo por ben pagado de todo preço que a min e a vos aprouvo por ela, conven a saber mill mor. da moeda branca del rey don Fernando e mill e duzentos mor. da moeda portugaesa que ora e en Ourense en uso, que contan de cadahuna destas moedas xl pares por iii libras e xvi por iii mor., e outorgo e connosco que os ey ia en meu poder ben e conpridamente en diñeiros contados. Todo iur, propriadade, possisson e dereyto que eu ey na dita leyra todo o tollo de min e de toda myna voz e poñoo en vos e en toda vossa voz des aqui en deante en iur derdade por senpre. Et outorgo a deffender e anparar vos e toda vossa voz senpre a dereyto con ela por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer da myna parte ou da estranya que se contra esta myna venda quiser passar aia a ira e a maldiçon de deus poderoso e a myna e quanto demandar peyteo a vos ou a vossa voz dobrado e aa voz del rey pague de pena çen mor. da boa moeda e a carta fique senpre firme e en seu revor. Reynante en Leon e en Castela rey don Fernando, bispo en Ourense don Pero, endeantado mayor del rey en Galiza infante don Filippe. Feyta a carta en Ourensse, xxv dias de março, era de mill e ccc xliiiiº anos. Tests. que a esto presentes foron Affonso Rodriguez capelan de San Oane, Domingo Eanes capelan da Triidade clerigos do coro d’Ourense, Johan de Calvos capelan, Pero Martinez dito Escudeiro servente do arçidiago don Martiño.

Et eu Affonso Rodriguez publico notario d’Ourensse que a esto presente fuy e esta carta escrivi e meu sinal y puge que e tal.

(sinal)

[reverso] Carta de una viña que iaz en Porteyro que foy venduda a maestre Johan de Sorveyra coengo de Sorveyro d’Ourense.