GMH/ÍNDICE A-Z

67
1433, outubro, 19

Fernan Vello, morador en Caldas de Reis, afora a Nuño Gonçalves, demandador, veciño de Pontevedra, e a súa muller Teresa Afonso, por tempo de 11 anos, unha leira de viña que está cerca da ermida de Santa Maria de Camiño, por foro do terçio do viño.

(ff. 30 v-31)

En XIX dias de oytubro, sabean todos que eu Fernan Vello, morador en Caldas de Reis, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento a vos Nuno Gonçalves, demandador, vesiño da villa de Pontevedra, et a vosa moller, Tareija Afonso, et a vosas vozes, a mĩa leira de viña que esta jas la ermida de Santa Maria do Camiño da dita villa, a qual jas junto con outra leira de viña que agora labra Bieito Fernan, et aforovos como dito he, a dita leira de viña por tenpo deste dia de San Mariño do mes de novenbro primeiro que ven ata honse anos conpridos primeiros segintes, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras, et segundo et por la via que a de min labrava Rui de Redondela, carpenteiro, para que en este dito tenpo vos et a dita vosa moller et vosas vozes lavrades a dita viña de poda, cava, rodriga et arrenda et a esterquedes et muredes et procuredes de todas las outras lavores que lle feseren mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chousura, et devedes dar a min et a mĩas bozes por lo dito tenpo dos ditos honse anos o terço do viño que Deus der na dita viña, mosto aa dorna, o disimo a Deus pago de consũu et vos pagar o foro et dereito et penson ao mosteiro de San Juan, que ha ena dita viña et outro qualquer encargo que en ela ouver, en maneira que a ajades, disimo a Deus, por lo dito terço que me asi avedes de dar, et devedes vendimar por min ou por meu home et prover de comer et de beber a min ou ao que por min estever ao partir do viño, et outrosi vos devo dar o lagar en que collades o dito viño con suas tinallas et vos devedes reparar et apostar o dito lagar et tinallas do que ouver menester cada un ano et con esto seerdes anparados ẽno dito tenpo de todo enbargo por min et por meus bẽes. Et eu o dito Nuno Gonçalves, que asi soo presente et que faço por min et por la dita mia moller et mĩas vozes, asi resçebo et outorgo este dito foro por las maneiras et condiçoos sobreditas, et esto, como dito he, deve de seer conprido et agardado ontre nos, as ditas partes, aa boa fe et sen maao engano, et por nos et por nosos bẽes, et so pena de mill maravedis que peite a parte de nos que o asi etc. et a pena etc. (branco de tres liñas). Ts. Rui Gonçalves Brageiro et Pero de Parrega, lavrador, et Fernando Peres, fillo de Gomes Fernandes de Caldas. // Iten o dito Nuno Gonçalves prometeo pagar ao dito Fernan Vello çinquoenta maravedis por dia de Natal primeiro, so pena do doblo. Ts. Ut supra.