vendaMaría
Iáñez do Couso (freguesía de Santiago de Gustei) e o seu fillo Tomé
Iáñez véndenlles a Miguel Pérez, carpinteiro, e á súa muller, Mariña,
moradores en Gustei, dúas leiras de herdade sitas nese lugar, por 20
libras.
Sabeam quantos esta carta virem
que eu Maria Anes do Cousso que é friiguisia de
Santiago de Gostey e eu Tome Anes seu fillo, por nos e
por todas nossas vozes vendemos e logo por esta carta
entregamos a vos Miguel Perez carpinteyro morador en
Gostey e a vossa moller Mariña e a toda vossa voz para
senpre duas leyras de herdade que nos avemos na dita
friiguisia no lugar a que chaman Lagea, et huna
delas iaz entre a de Domingo Paez pixoteyro e a do casar que
foy de Mariña Aras que ora he do cabidoo d’Ourense e
en fondo fer no rio e en çima entesta na do mosteyro de Boveda, et a
outra leyra iaz entre a da dita Mariña de Vila Arnaz e a de Domingo
dos Boys e fere na do dito moesteyro de Boveda e entesta na da
egleia de Gostey. Vendemos a vos as ditas duas leyras
com suas entradas e seydas e con seus dereytos e perteenças
de dezemo a deus e livres doutro enbargo, assy que vos e toda
vossa voz aiades elas des aqui en deante en jur derdade para
por senpre e façades delas toda vossa voontade livremente, e
outorgamos que somos bem pagados de todo o preço que
a nos e a vos aprouvo por elas, convem a saber viinte
libras da moeda portuguesa de que contan
quareenta par de diñeiros novos por tres libras, et
obligamos nos e todos nossos beens gaanados e por gaanar a
deffender vos e toda vossa voz a dereyto con as ditas leyras,
et renunçiamos que nunca veñamos contra esto
que sobre dito he nen possamos dizer o
contrario delo por nos nem por outro en juizo
nen fora del. Et quen quer da nossa parte
ou da estranya que contra esta carta que
vos nos mandamos fazer de nosso grado veer en parte ou en todo
aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por nome de pena
viinte moravedis e a vos ou a vosa voz quanto
vos demandar dobrado e a dita pena pagada ou non
esta carta e vendiçon sobre dita ficar senpre
firme. Feyta a carta en Ourense dez dias dabril, era de mill e
trezentos e seseenta e sete annos. Testemunyas.
que a esto foron presentes Lourenço do
Rego, Pero d’Oseyra baldreeyro, Affonso outrosy baldreeyro
da rua do Baño moradores en Ourense, Estevon Fernandes
de Gostey morador en Gostey.
Eu Lourenço Domingues
notario en Ourense porlla egleia desse lugar foy
presente a esto que sobre dito he
e o escrivo e puge y meu nome e meu signal en testemunyo
de verdade que tal he.
(sinal)